martes, 11 de xuño de 2013

"Cine Palomitas" La Caja de Música

Director: Costa Gavras

Música: Philippe Sarde


Despois da lectura da fantástica novela de Clara Usón "La hija del Este", decidimos rematar o curso coa película "La caja de música" do gran Costa Gavras

A historia de Ann unha avogada que no transcurso dun controvertido xuizo, irá descubrindo a verdadeira personalidade do seu pai, moi similar á historia de Ana, a filla do xeneral Ratko Mladic, na que se basa a novela de Clara Usón. 



Se queredes ler a crónica da xuntanza...

luns, 10 de xuño de 2013

Mil Soles Espléndidos

Khaled Hosseini

Salamandra

A conmovedora historia de amizade entre dúas mulleres afgás de orixes moi dispares, cuxos destinos se entrelazan por obra do zar e das convulsións que sufriu Afganistán nos últimos trinta anos. Filla lexítima dun home de negocios rico, Mariam críase coa súa nai nunha modesta vivenda nas aforas de Jeral. Aos quince anos, a súa vida cambia drasticamente cando o seu pai a envía a Kabul para que case con Bashid, un fusco zapateiro trinta anos maior que ela. Case dúas décadas máis tarde, Rashid atopa nas rúas de Kabul a Laia, unha rapaza de quince anos sen fogar. Cando o zapateiro lle ofrece acubillo na súa casa, que terá que compartir con Mariam, entre as dúas mulleres xorde unha relación que acabará sendo tan fonda como a de dúas irmás, tan forte como a dunha nai coa súa filla. A pesares da diferenza de idade e das distintas experiencias que a vida lles tiña deparado, a necesidade de afrontar as terribles circunstancias que as rodean, tanto de portas dentro como na rúa, onde a violencia política asola o país, fará que Mariam e Laila vaian forzando un vínculo indestrutible que lles dará a forza necesaria para superar o medo e dar cabia á esperanza. 




Encontro co Club de Lectura da BM de Ares
Martes 11, ás 16.30
No Segrel do Penedo

martes, 4 de xuño de 2013

Faneca Brava

Manuel Portas

Xerais


A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola forza desa singularidade. No caso das mulleres -se cadra non, seguro-, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí. Só de cando en vez, a vida anónima dalgunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá. A historia da Faneca Brava non é das que se escriban con pomposas letras maiúsculas, pero é tan real e intrigante que enche ao lector ou lectora do desexo de pescudar toda a verdade sobre esa "ovella negra" dunha familia que a fixo desaparecer da súa existencia.