sábado, 19 de abril de 2014

Una Habitación en Babel

Eliacer Cansino

Anaya (2009)

A Torre é o maior edificio do pobo, un bloque ácido e inhuman no que viven tantas persoas como en toda a urbanización de casiñas con paredes medianeiras que veñen de ser construídas na aldea. Persoas instaladas en estantes de ar, como libros, cada un coas súas historias, algunhas boas e outras malas, unhas a punto de abrirse e outras de pecharse.

Nela viven Ángel e Gil, Nor e Berta, Rashid e Stéfano. Cada un na súa habitación da Torre, falando co seu propio acento, pero obrigados a entenderse cando descobren que pertencen a unha mesma historia.

VI Premio Anaya 2009

Premio Nacional de LIJ 2010

Entrevista "Encuentros digitales en RTVE"

miércoles, 16 de abril de 2014

Una Biblioteca de Verano


Periférica (2012)

Corre o ano 1946. A guerra rematou e a moza norteamericana narradora desta novela perdeu nela aos seus pais. Tamén, de morte natural, perdeu ao seu tío Marcel, un extraordinario personaxe que a educou no amor aos libros.

No pequeno pobo francés onde pasou os verán da súa infancia, a protagonista deberá ocuparse de poñer en marcha unha nova biblioteca tras saír do hospital, xa que as tropas alemás destruíron a anterior. Terá así a oportunidade de pensar no valor da lectura e na compañía que lle teñen proporcionado os libros nos peores momentos, e incluso á hora de tomar unha ou outra decisión (mentres o esplendor do verán invade a natureza dos arredores e o xardín fa vella casona que herdou do seu tío) As súas recomendacións aos veciños do pobo farana formar parte fundamental desa comunidade.

Os escritores Marcel Proust, Daniel Defoe, Paul Valéry... e as súas obras son tan importantes nesta novela como os personaxes de carne e oso cos que se relaciona cada día a moza protagonista, moitos deles convocados baixo a sombra protectora do tío Marcel.

Pero non é esta unha estampa máis ou menos evocadora e chea de encanto dunha época e duns autores atemporais: a verdadeira vida cólase en cada páxina e asistimos así a unha fermosísima e crúa busca da felicidade, o amor e de, por que non dicilo, a supervivencia. A unha historia en primeira persoa que é tamén a historia dunha época: da II Guerra Mundial e a ocupación alamana de Francia ao conflitivo nacemento do estado de Israel.


lunes, 14 de abril de 2014

Intemperie

Jesús Carrasco 

Xeix Barral (2013) 

Un neno fuxido da casa escoita, agochado no fondo dun acocho, os berros dos homes que o están a buscar. Cando pasa a partida, o que queda ante el é unha inmensa e árida chaira que deberá atravesar se quere afastarse definitivamente de aquilo que o fai fuxir. Unha noite, os seus pasos crúzanse cos dun vello cabreiro e, a partires dese intre, xa nada será igual para ningún dos dous.

Intemperie narra a fuxida dun neno a través dun pais castigado pola seguía e gobernado pola violencia. Un mundo pechado, sen nomes nin datas, na que a moral ten fuxido polo mesmo sumidoiro polo que se vai a auga. Nese escenario, o neno, aínda non completamente estragado, terá a oportunidade de iniciarse nos dolorosos rudimentos do xuízo ou, pola contra, de exercer para sempre a violencia que ten mamado. 

A través de arquetipos como o neno, o cabreiro ou o alguacil, o autor constrúe un relato duro, salpicado de momentos de gran lirismo. Unha novela tallada palabra a palabra, onde a presenza dunha natureza inclemente ganduxa toda a historia ata confundirse coa trama e na que a dignidade do ser humano brota entre as gretas secas da terra cunha forza inusitada.

"Intemperie" Libro do ano 2013 outorgado polos libreiros de Madrid

Entrevistas ao autor:

"El País"

"La Vanguardia"

"Página 2"