sábado, 27 de junio de 2015

Despedida dos Clubs de Lectura


Este curso, as despedidas foron tres, o martes 2 de xuño, celebramos a despedida do club da rapazada de 1ºESO. Nesta ocasión a celebración levounos da man de "Un loto en la nieve" de Gonzalo Moure, ate o Tibet e o Nepal. Coñecimos fermosos lugares e tradicións. Aprendemos a poñer un sari, a tocar un cuenco tibetán e a xirar unha roda de oración tibetá. Un xeito ben fermoso de despedírmonos ata o vindeiro curso.

O martes 9 de xuño, tocoulle o turno ao grupo de 2º e 4º. A nosa despedida foi cunha estupenda sesión de cine palomitas na que disfrutamos da película de animación "Enrugas".


O venres 26, foi a despedida do club de pais e nais. Unha comida, xa tradicional, na que non faltou un pequeno agasallo para cada un deles un Marcapáxinas e os xa tradicionais "deberes de verán".

Cada un dos membros do club levou dous, tres, e ata catro libros que a primeira semana de setembro, en O Segrel, e arredor dun bo café, intercambiaremos, co fin de que cando chegue a primeira xuntanza, no mes de outubro, todos teñamos lidos, polo menos, tres ou catro títulos do programados para o vindeiro curso. Un xeito de seguir, aínda que na distancia, compartindo lecturas no verán que poñeremos en común no inverno.

A comida rematou cun fermoso agasallo que nunca deixará de sorprenderme e emocionarme. Nesta ocasión foi un marabilloso ramo de flores e unha fotografía de parte do grupo. 


E como esquecer as marabillosas palabras que, como cada ano, nos dedicou Alsira......


A experiencia dos nosos clubs de lectura segue a ser do máis gratificante “Compartindo vivencias, vivindo experiencias!”