sábado, 28 de noviembre de 2015

Ojo de Nube



SM (2006)

Nunha tribo de indios Crow nace un neno. Aínda que o nome que lle poñen ao principio é Cazador Silencioso, aos poucos días descobren que é cego e as esperanzas dos seus familiares vense frustradas. Ollo de Nube chamarase e a súa nai decide ser os seus ollos. A través das súas palabras e o que el percibe polo resto dos sentidos, farase unha composición do poboado e de todo o que o rodea e alcanzará unhas facultades impensables para os outros indios. Unha noite, o neno anticipa o que está a piques de acontecer; o ataque dos "malacousa", os tramperos e colonizadores brancos. Grazas ao seu entendemento cos cabalos, unha facultade especial que posúe, Ollo de Nube logra evitar a batalla e así atrasar o inevitable avance do "home branco".

Esta novela recupera a vida salvaxe na pradera norteamericana, antes da chegada do home branco, a través dunha tribo Crow.

viernes, 20 de noviembre de 2015

14

Jean Echenoz

Anagrama (2013)


Como escribir sobre a Gran Guerra, a primeira guerra "tecnolóxica" do século XX, e a porta, tamén, a medio século da barbarie sen precedentes? Echenoz enfróntase a un novo reto literario que supera con mestría. A certeira pruma do escritor avanza xunto cos soldados nas súas longas xornadas de marcha polos países en guerra e acompaña a catro rapaces da Vendée, Anthime e os seus amigos, no medio dunha masa indiscernible de carne e metal, de proxectiles e mortos. Pero tamén nos conta a vida que continúa, lonxe das trincheiras, a traveso de personaxes como Blanche e a súa familia. E todo elo, sen renuncia a esa sutil ironía que caracteriza a súa escrita, condimento imprescindible dun ralato apaixoante.


lunes, 16 de noviembre de 2015

Ollos de Auga


Domingo Villar

Galaxía (2006)

Na torre da Illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo, e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudande, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmósfera tensa e afectada dos círculos da alta burguesía viguesa.





A BANDA SONODA DE "OLLOS DE AUGA"


jueves, 12 de noviembre de 2015

Caperucita en Manhattan

Carmen Martín Gaite

Siruela (1990)


Sara é unha nena de dez anos que vive en Brooklyng. O seu maior desexo é ir soa a Manhattan para levar á súa avoa unha tarta de fresa. A avoa desta moderna Caperucita foi cantante de Music-Hall e casou varias veces. O lobo é Mister Woolf, un pasteleiro multimillonario que vive preto de Central Park nun rañceos en forma de tarta. Pero o fío máxico deste relato céntrase en Miss Lunatic, unha mendiga sen idade que vive de día agochada na Estatua da Liberdade e sae pola noite para meidar nas desgracia humanas ou, se é preciso, chegar a regalar un elixir capaz de vencer o medo.

domingo, 8 de noviembre de 2015

Los Espejos Venecianos

Joan Manuel Gisbert

Edelvives (2002)


As estancias solitarias e cheas de misterio dun deshabitado palazzo de Padua vai exercer unha irresistible e fonda fascinación dun novo estudante. A lenda de Beatrice Balzani, a que nunca morreu, unha muller que desapareceu sen deixar rastro e que deixou de existir envolta nunha néboa de misterio, vive no recordo de todos os habitantes da cidade.

A súa invisible presenza influirá de xeito decisivo nos feitos desta obra.

Giovanni Conti, estudante de Letras en Padua, encontra aloxamento nunha vella casa rexentada por unha misteriosa anciá. Dende a ventá do seu cuartucho, divisa un antigo palacio que parece abandonado. Advirte, sen embargo, algún movemento, polo que decide buscar información na biblioteca da universidade, pero non atopa nada. Unha noite, entra no palacio, alí descobre uns espellos onde observa unha imaxe que non corresponde exactamente coa realidade, cre ver neles a pantasma de Beatrice Balzani...