sábado, 30 de enero de 2016

As lágrimas de Shiva

César Mallorquí

Paco Giménez  (Ilustrador)

Rodeira (2009)


En certa ocasión, hai xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; podemos chamalo como queiramos, o caso é que eu o vin. Ocorreu o mesmo ano en que o home chegou á Lúa e, aínda que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é unha novela de terror. 

Todo comezou co misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: As lágrimas de Shiva.

Banda Sonora


"Apolo XI la verdadera historia" Documental

Libros dos que se fala na novela...

miércoles, 27 de enero de 2016

Mi pie izquierdo

Director: Jim Sheridan

Guión: Shane Coonaughton e Jim Sheridan

Baseada na novela de Christy Brown (1932 - 1981).

Película baseada na autobiografía de Christy Brown, un artista multidisciplinar irlandés aqueixado de parálise cerebral, cuxa tenacidade botou por terra as barreiras que impedían a súa integración na sociedade converténdose nun consumado pintor e escritor. 

Esta película, basada en feitos reais, é un conmovedor exemplo de superación e loita por acadar as metas persoais. 

Un canto á vida premiado en numerosos festivais e gañador de dous premios Óscar, ao mellor actor a Daniel Day-Lewis e á mellor actriz secundaria a Brenda Fricker.


sábado, 16 de enero de 2016

Y de repente fue ayer


Ed. Planeta (2009)

A historia de dous mozos, Óvalo e Efraín, que verán como un furacán xunta os seus destinos e os leva a transitar por Cuba, país que co tempo aprenderán a dominar usando diversos métodos. O carismático Óvalo o conseguirá mediante a revolución política. O desgarbado Efraín encargarase de levar a cabo a revolución, quizais, máis poderosa; a creación dun novo xénero, a telenovela. E aínda que Aurora non é a única muller que os une, a súa enigmática presenza marcará unha constante na vida dos dous homes. 


Entrevistas ao autor:

20 Minutos



viernes, 15 de enero de 2016

Tes ata as dez


Galaxia (2015)

Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta tripidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asustno do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas... todo un mollo de asuntos nunha novela qu enos vai levar de viaxe pola historira rencente de España e Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade. 


Entrevistas co autor




Axenda Cultural AELG

La Voz de Vigo

Cultural CRTVG


Banda Sonora

miércoles, 13 de enero de 2016

Corazón de Tinta

Cornelia Funke

Siruela (2008)


Quen son realmente Dedo Polvoriento, Capricornio ou Lingua de Bruxo saberao Meggie polas respostas que atope nun vello pobo das montañas de Liguria... e tamén nun libro. Cando Mo, o pai de Meggie, saúda a un estraño visitante que aparece na súa casa, a nena sente que aquela persoa emana un perigo, quizais unha grande ameaza contra o seu pai... e entón foxen ao sur, á casa da tía Elinor, propietaria dunha das máis fascinantes bibliotecas que calquera poida imaxinar. Meggie descubrirá que os forasteiros que misteriosamente aparecen e desaparecen, como aquel visitante nocturno, chaman ao seu pai Lingua de Bruxo, xa que teñen o don de dar vida aos personaxes dos libros cando le en voz alta. 

Esta novela de Cornelia Funke é maxia. É unha viaxe ao mundo dos libros, unha gran novela de aventuras e unha verdadeira declaración de amor aos grandes textos universais que cativan aos seus lectores. Así como unha loita feroz entre ficción e realidade, entro o ben e o mal.



sábado, 9 de enero de 2016

La lección de August


R. J. Palacio

Nube de Tinta (2012)


A súa cara faino distinto máis el so quere ser un máis. Camiña sempre mirando cara ao chan, a cabeza gacha e a súa perrera tratando en van agochar o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, susurros afogados e codazos de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes do seu fogar, entre a compaña da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias da Guerra das Galaxias.

Este ano todo vai cambiar, porque vai ir, por primeira vez, á escola. Ali aprenderá a lección máis importante da súa via, a que non se aprende nas aulas nin nos libros de texto; crecer na adversidade, aceptarse tal e como un é, a sorir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.


Guía de Lectura

Páxina Oficial

A novela na prensa
The Guardian