jueves, 26 de enero de 2017

Tokyo Ghoul


Norma Editorial (2015)

Os habitantes de Tokío viven aterrados: nas sombras da metrópole agóchanse horribles monstros  que se camuflan entre a multitude, cazando e devorando seres humanos. Un rapaz atópase cun destes ghouls, pero aínda que consegue sobrevivir, a súa existencia xa non será igual...

“Lo que da lástima es no poder vivir la vida por estar atrapado en un anhelo de venganza”

Ken Kaneki

viernes, 20 de enero de 2017

Ás Veces Quero Morrer Coa Risa

Brigit Schlieper

Nina Stahl

Galaxia (2013)

A historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro termial.

O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo con todo o que lle queda por vivir: ter noiva, o primeiro coche, ir a concertos; en definitiva, todo o que calquera adolescente devece por facer. Séntese furioso, desvalido e enganado pola vida. Todo semella inxusto. Ten que decidir onde pasar o tempo que lle queda, se seguir no hospital, onde está rodeado pro persoas que comparten o mesmo fado, ou marchar cos seus pais. Máis coñece a Helene, unha rapaza que está aínda máis enferma ca el. Así, coa aparición do amor, descobre un posible sentido para o tempo que lle queda; quere pasalo con Helene. 




Portada da edición orixinal publicada en Mannheim (Alemaña) no 2010








                  BANDA SONORA

jueves, 12 de enero de 2017

La Noche de los Niños

Toni Morrison

Óscar Astrommujoff (Ilustrador)

Lumen (2016)


Bride é unha nena que herdou dos seus devanceiros unha cor de pel moi negro que sorprende a toda a familia, de pel clara, e provoca o abandono do seu pai. Pasados os anos, a rapaza transfórmase nunha fermosa empresaria de éxito, pero a alongada sombra da infancia planea sobre a súa vida adulta e da súa parella. Un bo día, e sen explicación algunha, Bride asiste impotente ao abandono de Booker, o home ao que ama. Outra vez o rexeitamento, outra vez a culpa... e por fin unha viaxe iniciática en busca da redención, que so chegará cando desde a negrura asome ao verdadeiro eu de Bride.

BANDA SONORA
TONI MORRISON 

viernes, 6 de enero de 2017

O Derradeiro Libro de Emma Olsen

Berta Dávila

Galaxia (2014)


Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Máis Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para revelarnos unha historia de segredos agochados moito tempo. E por iso regresa a Faith, a pequena cidade perdida do Medio Oeste norteamericano na que naceu, un lugar no que semella non acontecer nada interesante nunca, máis que garda, soterrado, un universo de mentiras e conflitos entre os seus poucos e singulares habitantes.

Banda Sonora


  • Premio Narrativa Breve Repsol 2013
  • Premio Ánxel Casal ao mellor libro de fición 2013
  • Premio Guillermo de Baskerville ao mellor libro independente 2015

Blog da autora

Entrevistas a Berta Dávila:

TRAILER DA NOVELA


lunes, 2 de enero de 2017

Un Monstro Ven a Verme

Patrick Ness

Factoría K (2016)


Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu unha madrugada ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo, moi vello, e viña con toda a forza da natureza reclamando algo moi importante: o segredo máis oculto de Conor, un rapaz que -malia estar asustado ante a dureza coa que se lle presenta a vida; a doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a longa distancia que o separa do pai, os problemas na escola- ten que asumir a verdade, a súa realidade. 


A novela orixinal na que se basa a película, inspirada nunha idea de Siobhan Dowd e marabillosamente ilustrada por Jim Kay.

Esta edición especial de Reservoir Books, contén material adicional exclusivo. A historia do libro por Patrick Ness; dibular un monstro por Jim Kay; como se fixo a película polo seu director J. A. Bayona, así como entrevistas con Liam Neeson, Sigourney Weaver, Felicity Jones e Lewis MacDougall.


Un bo agasallo para este nadal!!