sábado, 18 de xaneiro de 2014

Ámote Leo A. "Destino Xalundes"

Rosa Aneiros

Xerais (2013)

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oidos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin un día máis nin un día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fasciantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados. Ámote Leo A. Quen estará detrás da misterios mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.

domingo, 12 de xaneiro de 2014

A Miña Planta de Laranxa Lima

José Mauro de Vasconcelos

Primerapersona (2003)

Unha novela con trazos autobiográficos, que conta as aventuras e desventuras de Zezé, un neno de cinco anos que quere ser poeta a levar garabata de lazo, pero a quen a vida lle ten reservada unha existencia rodeada da máis absoluta miseria e incomprensión. É, neste sentido, un documental social e un retrato do Brasil máis desfavorecido, o da pobreza máis absoluta, pero é tamén un documento cargado de lirismo, trazado con sensibilidade, axilidade e unha sinxeleza estilística desbordante.


venres, 10 de xaneiro de 2014

Los Pazos de Ulloa

Emilia Pardo Bazán

Cátedra

Nos Pazos de Ulloa, recóndito e salvaxe paraxe de Galicia, en 1880 a vida está marcada pola relixión, a bruxería, a política e as paixóns. A chegada de Xulián a Ulloa, un sacerdote delicado e sensible, terá imprevistas consecuencias. O Marqués de Ulloa, rudo e pasional, vese obrigado a contraer matrimonio con Nucha, unha rapaza de cidade, para quen o ambiente dos pazos é unha pesadiña. Sabel, a criada de gran beleza, e que tivo un fillo bastardo do Marqués, é a figura oposta a Nucha.


A montaña galega, o caciquismo e a decadente nobreza rural son analizados pola condesa Emilia Pardo Bazán. O progreso urbano, representado por Xulián o novo sacerdote, e a barbarie rural, encarnada en Primitivo, contrapóñense nun mundo dominado por unha natureza violenta, inmoral e sensual, cuxa posibilidade de transformación será posta en cuestión.