Amosando publicacións coa etiqueta Natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Natureza. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de novembro de 2015

Ojo de Nube



SM (2006)

Nunha tribo de indios Crow nace un neno. Aínda que o nome que lle poñen ao principio é Cazador Silencioso, aos poucos días descobren que é cego e as esperanzas dos seus familiares vense frustradas. Ollo de Nube chamarase e a súa nai decide ser os seus ollos. A través das súas palabras e o que el percibe polo resto dos sentidos, farase unha composición do poboado e de todo o que o rodea e alcanzará unhas facultades impensables para os outros indios. Unha noite, o neno anticipa o que está a piques de acontecer; o ataque dos "malacousa", os tramperos e colonizadores brancos. Grazas ao seu entendemento cos cabalos, unha facultade especial que posúe, Ollo de Nube logra evitar a batalla e así atrasar o inevitable avance do "home branco".

Esta novela recupera a vida salvaxe na pradera norteamericana, antes da chegada do home branco, a través dunha tribo Crow.

luns, 14 de abril de 2014

Intemperie

Jesús Carrasco 

Xeix Barral (2013) 

Un neno fuxido da casa escoita, agochado no fondo dun acocho, os berros dos homes que o están a buscar. Cando pasa a partida, o que queda ante el é unha inmensa e árida chaira que deberá atravesar se quere afastarse definitivamente de aquilo que o fai fuxir. Unha noite, os seus pasos crúzanse cos dun vello cabreiro e, a partires dese intre, xa nada será igual para ningún dos dous.

Intemperie narra a fuxida dun neno a través dun pais castigado pola seguía e gobernado pola violencia. Un mundo pechado, sen nomes nin datas, na que a moral ten fuxido polo mesmo sumidoiro polo que se vai a auga. Nese escenario, o neno, aínda non completamente estragado, terá a oportunidade de iniciarse nos dolorosos rudimentos do xuízo ou, pola contra, de exercer para sempre a violencia que ten mamado. 

A través de arquetipos como o neno, o cabreiro ou o alguacil, o autor constrúe un relato duro, salpicado de momentos de gran lirismo. Unha novela tallada palabra a palabra, onde a presenza dunha natureza inclemente ganduxa toda a historia ata confundirse coa trama e na que a dignidade do ser humano brota entre as gretas secas da terra cunha forza inusitada.

"Intemperie" Libro do ano 2013 outorgado polos libreiros de Madrid

Entrevistas ao autor:

"El País"

"La Vanguardia"

"Página 2"

luns, 14 de febreiro de 2011

La Evolución de Calpurnia Tate

Jacqueline Kelly

Roca Editorial (2010)

Calpurnia Callie Vee é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, a coser e cociñar, ela está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Pouco a pouco irá gañándose a este home un tanto huraño e comezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprenderá quen é Darwin, que son as especies e as subespecies, e tamén o idiotas que se volven os seus irmáns maiores cando se namoran.

Críticas:
El País

QuéLeer

Para saber máis:
El origen de las especies



Charles Darwing e a Teoría da Evolución







A Música da Novela





domingo, 24 de outubro de 2010

O Home que Prantaba Árbores


Ilustrador: Jacobo Fernández

Tradutora: Ánxela Gracián

Galaxia (2009)

Un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar fala esta pequena grande obra mestra da literatura do século XX.



Podedes escoitar a narración gravada en 1993 por Lara López acompañada polo saxo soprano de Paul Winter Consort




Ou ver a curtametraxe dirixida por Frédéric Back pola que gañou un Óscar á mellor curta de animación en 1987


2011 Ano Internacional dos Bosques

Situación dos Bosques no Mundo