venres, 24 de marzo de 2017

Zapatillas Rotas

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XabQuiroXabier Quiroga

Xerais 2015

O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida. Aínda que a lectura de “Zapatillas rotas” por veces provoque o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos, pasa desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo. “Zapatillas rotas” trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo.
 
Premio da Crítica 2014

venres, 17 de marzo de 2017

El Hogar de Miss Peregrine para Niños Peculiares

Ransom Riggs
Planeta (2016)

Cando o benquerido avó de Jake lle deixa as pistas dun misterio que se estende por diferentes mundos e tempos, Jake atopa un lugar máxico coñecido como o Fogar de Miss Peregrine para Nenos Peculiares. Pero o misterio e o perigo afóndanse cando chega a coñecer os residentes e aprende acerca dos seus poderes especiais, e os seus poderosos inimigos.

 
 

venres, 10 de marzo de 2017

Eskoria

 
 Ed. SM. 2006 (Col. Gran Angular - Alerta Roja).

Falso Diario Blog do Autor

Diego non se sinte distinto dos seus compañeiros de instituto, aínda que non lle gusten as mesmas cousas que a eles. Por iso non entende que algúns non o deixen en paz e que comezara a recibir todo tipo de ameazas. A súa mente lúcida trata de comprender os motivos do acoso ao que o someten, pero é imposible. Sinte que lle están empurrando cara un pozo sen fondo.