Amosando publicacións coa etiqueta Vigo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vigo. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de decembro de 2019

O último barco

Domingo Villar

Editorial Galaxia, 2019



A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a un xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E, aínda que nada pareza alterado na casa nin na vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña ha comprobar que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras.

Entrevista ao autor

luns, 16 de novembro de 2015

Ollos de Auga


Domingo Villar

Galaxía (2006)

Na torre da Illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo, e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudande, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmósfera tensa e afectada dos círculos da alta burguesía viguesa.





A BANDA SONODA DE "OLLOS DE AUGA"


xoves, 2 de decembro de 2010

A Praia dos Afogados

Domingo Villar

Galaxia (2010)

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009

Premio Losada Diéguez de Creación Literaria

Premio Brigada 21 de novela negra


Autor do ano pola revista Fervenzas Literarias




Entrevista a Domingo Villar en Radio Barullo, a nosa Radio Escolar.

Invitámosvos a percorrer os escenarios onde se desenvolve esta fantástica novela guiados, como xa fixemos con "Ollos de auga", por "a lei de Lem" e, por suposto, disfrutade da súa banda sonora coas marabillosas voces de Barbara Bonny e Louis Armstrong, entre outros...


Artistas galegos na novela:
Xosé Telmo Lodeiro
Xavier Pousa