domingo, 8 de abril de 2018

O Mundo Secreto de Basilius Hoffman: O Ladrón de Soños



Urco Ediciones (2011)

O ladrón de soños é a primeira entrega dunha saga adicada a Basilius Hoffman, explorador, arqueólogo, membro da sociedade secreta de Avalon e moitas outras cousas máis que se irán descobrindo pouco a pouco. 

Basilius é o tío de Peter Hillman, auténtico protagonista deste conto, un rapaz de doce anos que vive e estuda nun internado e que deberá pasar as vacacións de nadal no vello casarón de seu tío.

O encontro entre tío e sobriño motivará un cambio decisivo na vida de Peter, que observa como o que semellaba un castigo supón o comezo dunha extraordinaria aventura. Basilius e Peter embarcaranse nunha viaxe fantástica na procura do Diario do Cartógrafo, nunha trama construída arredor da mitoloxía exipcia e do seu culto aos felinos. 


luns, 2 de abril de 2018

Aqueles Días en que Éramos Malas

Inma López Silva

Galaxia (2016)

Unha monxa, una puta, una moza colombiana e una funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.

Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, una historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora. Aqueles días en que éramos malas é una novela áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a comedia. O cárcere como un mundo descoñecido, situado nas marxes da sociedade e da vida, no que existen víctimas, verdugos e, sobre todo, historias vitais fascinantes.