luns, 11 de decembro de 2017

Patrick Ness

Factoría K (2016)


Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu unha madrugada ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo, moi vello, e viña con toda a forza da natureza reclamando algo moi importante: o segredo máis oculto de Conor, un rapaz que -malia estar asustado ante a dureza coa que se lle presenta a vida; a doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a longa distancia que o separa do pai, os problemas na escola- ten que asumir a verdade, a súa realidade. 


A novela orixinal na que se basa a película, inspirada nunha idea de Siobhan Dowd e marabillosamente ilustrada por Jim Kay.

Esta edición especial de Reservoir Books, contén material adicional exclusivo. A historia do libro por Patrick Ness; dibular un monstro por Jim Kay; como se fixo a película polo seu director J. A. Bayona, así como entrevistas con Liam Neeson, Sigourney Weaver, Felicity Jones e Lewis MacDougall.




domingo, 10 de decembro de 2017

Reo

Xesús Fraga

Galaxia (2014)


Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. 

Unha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes. Unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas. Reo está escrita nunha linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiro instante, como un graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo.


Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013

Premio Fervenzas Literarias 2014 ao mellor libro de Literatura Xuvenil. 

 

martes, 5 de decembro de 2017

Izan o da Saca


Xerais (2016)

O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur. 

Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.