
Primeiro capítulo da novela
. . . . . . . . ."Os libros aprendéronme a pensar, e o pensamento fíxome libre" Ricardo León


Gonzalo Moure
Álvaro Cunqueiro
Ricardo GómezEdelvives (2004)
Bachir vive nun campamento de refuxiados saharauis. Por causa dunha doenza pulmonar ten que permanecer inmóbil na súa tenda, desde onde escoita con atención os sons que chegan ata el. A través do oído tenta imaxinar o que acontece ao seu redor.
Unha noite coñece a Jamida, un vello sorprendente, mestura de sabio e de guerreiro, con quen fala da historia do seu pobo e dos nomes das estrelas.
Ese encontro vaille permitir albiscar un mundo alén dos límites opacos da súa jaima.
Gabriel García Márquez

Elena O'callaghan i DuchAbdulá vive no deserto, e non coñece outra cor que a da area. Pero o seu avó, que viviu tempos mellores, antes da guerra e do illamento, fálalle de oasis e de vexetación, e do mar. O rapaz consegue deste xeito encher o seu mundo de cor, e expresalo cos lapis e o papel que lle chegan, de cando en vez, nos camións.
As ilustracións amosan as cores do deserto, tan suaves e delicados como a historia deste rapaz que necesita a pintura para comprender mellor o seu propio mundo.
Marie-Sabine RogerEntre eles nace unha amizade pouco habitual. Margueritte é unha muller culta, que non parece decatarse das cousa que el ignora e que lle propón ler un libro en voz alta. Germain, por educación, acepta e así descobre o mundo dos libros, da maxia da lectura, e das marabillosas tardes con Margueritte.
"Escoitaron vostedes falar algunha vez dos Morcegos de Canido? Dos Pantasmas de papel de Neda? Do Sansaliber de San Sadurniño? Do Segrel de Fene? Dos siareiros de Sofía ou de Saturnino Hermida? Saben vostedes de que lles falo? Fálolles da gran revolución silenciosa que está a sacudir dende hai uns anos as bibliotecas públicas de Galicia, tanto as dos centros de ensino como aquelas municipais. Falo dos clubs de lectura. Quen se interesa polos libros, dirán? Se á xente nova non lles gusta ler, pertencen á xeración nin-nin que nin estudan nin traballan nin unha cousa nin todo o contrario, esa xuventude tan formada e tan analfabeta para os libros... Trabúcanse. Nunca tanto se leu coma hoxe en día. Nunca houbo adolescentes con tanto acceso nin tanta implicación coa lectura. Actualmente están funcionando douscentos clubs de lectura en centros de secundaria en Galicia. Estes clubs acollen tanto a alumnado como a pais e nais que participan do coloquio, que comparten a extraordinaria experiencia lectora. Ademais destes douscentos centros están aqueles vinculados a bibliotecas municipais, tamén as que nacen ao abeiro dos centros de primaria. Só nos institutos hai en Galicia máis de cinco mil persoas que semana a semana partillan libros. Cinco mil. Pais, nais, alumnado que se enredan, que aman e odian, que medran, que coñecen a partir das páxinas dos libros.
Non se conforman. Sempre queren máis..."