Amosando publicacións coa etiqueta Guerra Civil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guerra Civil. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2020

Días sin ti


Seix Barral, 2019

Días sin ti é unha historia de complicidade a través do tempo, dunha avoa co seu neto. Dora, mestra en tempos da República, comparte con Gael a historia que a convertiu en que é. Con tenrura pero con crudeza, confesa a súas emocións ao seu neto, escultor, un xoven cunha sensibilidade especial, e lle brinda, sen que el o saiba, a chave para repoñerse das feridas causadas por un amor trucado.


martes, 3 de marzo de 2020

Largo pétalo de mar


Plaza&Janés, 2019

En plena guerra civil española, o xoven doutor Víctor Dalmau, xunto á súa amiga pianista Roser Bruguera, vense na obriga de abandonar Barcelona, exiliarse e cruzar os Pirineos cara a Francia. A bordo do Winnipeg, un navío fletado polo poeta Pablo Neruda que levou a máis de dous mil españois rumbo a Valparaíso, embarcarán en busca da paz e a liberdade que non tiveron no seu país. recibidos como heroes en Chile -"ese largo pétalo de mar y nieve", en palabras do poeta chileno-, integraranse na vida social do país durante varias décadas ata o golpe de estado que derrocou ao doutor Salvador Allende, amigo de Víctor pola súa común afección ao xadrez. Víctor e Roser atoparanse de novo desarraigados, pero como di a autora: "Si uno vive lo suficiente, los círculos se cierran".


martes, 12 de marzo de 2019

Los Pacientes del Doctor García

Almudena Grandes

TusQuets (2017)


Tras a vitoria de Franco, o doutor Guillermo García Medina segue vivindo en Madrid baixo unha identidade falsa. A documentación que o liberou do paredón foi un agasallo do seu mellor amigo, Manuel Arroyo Benítez, un diplomático republicano ao que salvou a vida en 1937. Cre que nunca volverá a velo, pero en setembro de 1946, Manuel volve do exilio cunha misión secreta e perigosa. Pretende infiltrarse nunha organización clandestina, a rede de evasión de criminais de guerra e prófugos do Tercer Reich que dirixe dende o barrio de Argüelles unha muller xermana e española, nazi e falanxista, chamada Clara Stauffer. Mentres o doutor García deixase recrutar por el, o nome doutro español se cruza no destino dos dous amigos. Adrián Gallardo Ortega, que tivo o seu momento de gloria como boxeador profesional antes de alistarse na División Azul, para seguir loitando como voluntario das SS e participar na última defensa de Berlín, malvive en Alemaña, ignorando que alguén pretende suplantar a súa identidade para fuxir á Arxentina de Perón.  

Reseñas

El País

La Vanguardia

ABC
 

martes, 22 de xaneiro de 2019

Las Hijas del Capitán


Planeta (2018)


Nova York, 1936. A pequena casa de comidas “El capitán” arranca a súa andaina na rúa catorce, un dos enclaves da colonia española que daquela residía na cidade. A morte accidental do seu dono, Emilio Arena, obriga ás súas fillas mozas a asumir as rendas do negocio mentres nos tribunais se resolve o cobro dunha prometedora indemnización. Abatidas, acosadas pola urxente necesidade de sobrevivir, as temperamentais Victoria, Mona e Luz Arenas abriranse paso entre os rañaceos, compatriotas, adversidades e amores, decididas a converter o seu soño en realidade.

Un tributo ás mulleres que resisten cando os ventos sopran en contra, e unha homenaxe a todos aqueles valentes que viviron a aventura a miúdo épica e case sempre incerta da emigración.




luns, 4 de xuño de 2018

El Arte de Volar

Antonio Altarriba

Kim

Norma Editorial

A historia naceu dunha traxedia. En maio de 2001, o pai de Antonio Altarriba, de 90 anos, ingresado nunha residencia para persoas maiores de A Rioxa e enfermo con depresión, subiu ao alféizar dunha fiestra da cuarta plante e arroxouse ao baleiro. Remataba deste xeito unha vida que o levou a combater no bando republicano durante a Guerra Civil, a sobrevivir na resistencia contra o fascismo no sur de Francia durante os anos corenta e no exilio interior a ditadura franquista a partir do cincuenta e ata a morte do ditador. Unha novela gráfica que percorre case por completo a historia do século XX. 

  • Premio Nacional de Cómic 2010
  • Mello Obra, mellor guión e mellor debuxo na 28ª edición do Salón do Cómic de Barcelona
  • Premio Nacional de Cataluna na súa modalidade de Cómic
  • Premio Cálamo 2009


Guía Didáctica 


domingo, 7 de xaneiro de 2018

Polos Fillos dos Fillos


Candeia Editorial (2004)

Un neno de trece anos sabe que o van matar. Ve como asasinan os ciciños e a súa irmá durante a Guerra Civil en Castroverde. Hai unha lista consesetna condenados a norrer fusilados. El mesmo buscará dados sobre eses crimes durante os sesenta e cinco anos posteriores.

Bonifacio é o outro irmán. Foxe a Bos Aires, Para iso intenta conseguir un pasaporte arxentino no consulado de Astorga, un pase de fronteiras expedido por asesores nazis no Cuartel General del Generalísimo en Salamanca e unha praza de barco para repatriados indixentes na embaixada arxentina de Lisboa.

Unha novela que relata un dos períodos máis escuros da osa historia e dá conta das súas consecuencias, que nos marcaron para toda a vida.

Encontro Xosé Manuel Sarille

domingo, 23 de abril de 2017

Noite de Voraces Sombras

Agustín Fernández Paz

Xerais (2002)

Sara, una moza de dezaseis anos, narra os acontecementos que durante unbas vacacións na casa da avoa llea xudarán a enfrontar a vida dun xeito distinto. No cuarto que ocupa sentirá o desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, una libreta de caligrafía apretada e una selecta biblioteca que a levarán a descubrir una inesquecible historia de amor e desamor que se produciou durante a Guerra Civil e os amargos anos da psoquerra. Una emocionante novela sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.

Guía de lectura

No blog do autor

As Irmandades da Fala

Entrevistas ao autor:
Poemas

venres, 15 de maio de 2015

La Casa de la Linterna

Carlos de Castro

Espino Alvar

Melchor Abreira é un galego que fixo fortuna na Arxentina, no negocio de exportación de carne. Constrúe unha casa na súa terra natal (a chamada Casa Grande ou Casa da Linterna), na que se alonxa Azaña cando ven á vila a fundar o partido Esquerda Republicana. Ao producirse o levantamento do 36, Melchor Abreira morre coa súa dona en madrid, nun bombardeo. O seu único fillo, Luis Abriera, biólogo que ía casar coa filla do reloxeiro Daniel Lobato, presidente do partido de Esquerda Republicana de Pontedeume, agóchase na casa. É un máis dos moitos fuxidos que se agochan nas súas propias casas ou que se botan ao monte.

A novela comeza cando, oito anos despois, é asesinado Custodio Lázaro, un carboeiro que axudaba a Luis a sobrevivir na casa, ao intentar poñerse en contacto cos refuxiados no bosque; e Luis é descuberto gravemente enfermo por dous rapaces, de 14 anos, da localidade: Eduardo mata, fillo do médico Servando Mata e Miguel Torres, fillo do recén chegado Xefe de Estación da Renfe. Que facer? Axudalo? Denuncialo? Decirllo aos seus pais?. Tendo como punto de patida este dilema, os rapaces van descobrindo, a medida que seguen coas súas vidas de adolescentes, unhanova realidade que descoñecían, da que ninguén lles tiña falado e sobre a que na vila se establecera un tácito pacto de silenzo: a realidade da sublevación, a represión posterior e a sórdida loita que mantén a Garda Civil cos fuxidos.

Entrevista co autor

luns, 17 de novembro de 2014

Las Tres Bodas de Manolita

Almudena Grandes

Tusquets 2013

"Nos bos tempos as mozas casan por amor. Nos malos non sempre poden elixir"

"Las tres bodas de Manolita" é unha emotiva historia coral sobre os terribles anos de pobreza e desolación na inmediata posguerra.

Aborda a historia dun Madrid devastado, saído da Guerra Civil, na que sobrevivir convértese nun duro oficio cotiá. É a historia de Manolita, unha rapaza que, cando os seus pais son encarceados, ten que facerse cargo dos seus catro irmáns.

As historias céntranse na represión tras a guerra, na corrupción do sistema, no sinistro Patronato de Redención de Penas e na rede de apoio aos presos que se constituiu na resistencia interna contra o franquismo.

Son historias de ficción baseadas en feitos reais, como a de Roberto Conesa, o comisario Conesa mestre de torturadores, o máis célebre da dictadura, ou a de Isabel Perales, na que se basa a historia de Isabel, a irmá de Manolita.


Las tres bodas de Manolita:

venres, 7 de marzo de 2014

La Voz Dormida

Dulce Chacón

Alfaguara (2002)

Dedicada, tal e como escribe a autora “aos que se viron obrigados a gardar silencio”. A historia desenvólvese na posguerra civil española entra a madrileña cárcere das Ventas e unha pequena pensión na rúa Atocha. Está estruturada en tres partes e abrangue dende o ano 1939 ata o 1963.

Un grupo de mulleres encarceradas irán relatando como foron as súas vidas antes de entrar na prisión das Ventas e os motivos da súa detención, cales son as súas convicións, os seus medos e as penurias que terán que pasar unha vez dentro do cárcere.


Blog da Película

Primeiras páxinas

Libro do Ano 2002