Amosando publicacións coa etiqueta Medo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Medo. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de febreiro de 2019

A Cabeza da Medusa

Marilar Aleixandre

Xerais (2008)


Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. 


domingo, 30 de novembro de 2014

Cando Petan na Porta Pola Noite

Xabier Docampo
Xerais (2000)

Logo dunha reflexión inicial do autor sobre o gusto pola narración oral, que inclúe o recoñecemento a seu pai como gran contador de historias, reúnense catro historias de medo co desexo de que o lector sexa tamén dono do seu propio medo e as faga súas, para contalas tamén. a xeito de transmisor oral, continuando o fío da literatura oral tradicional.



  • O espello do viaxeiro
  • O Fornadas
  • A loba
  • O cumpremortes

  • Blog do autor



    luns, 29 de abril de 2013

    As Fronteiras do Medo

    Agustín Fernández Paz

    Rodeira (2012)

    As historias de terror teñen o efecto de remover nos seres humanos os medos atávicos que a civilización tenta ocultar baixo a aparencia da razón, a ciencia e o control. Mais todos sabemos da existencia de feitos que contradín toda lóxica, de realidades que fan abanear as nosas crenzas, por noito que pechemos os ollos e nos neguemos a admitilas. Nas páxinas deste libros, Agustín Fernández Paz mergúllanos en seis historias que traspasan "as fronteiras do medo"

    Ler o 1º Capítulo

    Blog do Agustín Fernández Paz

    Entrevistas a AFP