Amosando publicacións coa etiqueta Ironía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ironía. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de marzo de 2017

Zapatillas Rotas

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XabQuiroXabier Quiroga

Xerais 2015

O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida. Aínda que a lectura de “Zapatillas rotas” por veces provoque o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos, pasa desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo. “Zapatillas rotas” trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo.
 
Premio da Crítica 2014

luns, 12 de decembro de 2016

Desde la Sombra


Seix Barral (2016)

Damián séntese confuso dende que perdeu o seu traballo. Un día comete un pequeno furto nun mercado de anticuarios e agóchase no interior dun armario. Antes de que poida saír, o armario é vendido e trasladado á habitación de matrimonio de Lucía e Fede, onde Damián acaba instalado, coma se formara parte do moble.

Dende este agocho, Damián observa a esta familia. Deste xeito irase achegando ao corazón de Lucía, aos seus medos e os seus soños, e ao facelo saberase por fin respectado e comprobará de todo o que é quen de facer ao sentirse vivo.

Entrevista co autor

domingo, 13 de decembro de 2015

Nosotras que lo quisimos todo

Sonsoles Ónega

Planeta (2015)


Beatriz, directora de compras nunha multinacional de lencería, recibe unha irresistible e prometedora oferta profesional. Se non estivera casada e con dous fillos, tería contestado de inmediato, pero o ascenso implica instalarse en Hong Kong. Beatriz vive esgotada, debaténdose entre traballar no que lle gusta e gozar da vida familiar que desexa. Dado que o seu marido, responsable da cadea de clínicas dentais que herdou do seu pai, non estará disposto a seguila a Hong Kong, Beatriz comeza unha investigación sobre a conciliación da vida persoal e a laborar como medio para ser quen de tomr unha decisión. Por que elixir A ou B? Existe un plan C!

Unha novela atrevida, tenra e reivindicativa que plantexa unha fonda reflexión sobre o gran "timo" do século XXI, o da muller traballadora... Unha historia chea de humor e ironía.

Entrevistas á autora



Mujerhoy.com

Encuentros El Mundo

Hoy por Hoy - Cadena Ser

venres, 13 de abril de 2012

Das Cousas de Ramón Lamote

Paco Martín

Galaxia

Velaquí un clásico da literatura galega, galardoado en 1986 co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.


Ramón Lamote Miñato é profesor de chairego e debuxante de soños por encarga. A súa existencia é apracible, como lle corresponde a unha persoa da bondade do señor Lamote. Mais a vida tamén está chea de cousas. Das cousas que lle acontecen a Ramón Lamote e da súa particular maneira de entender o mundo trata esta novela.


Un deses marabillosos libros "catalogado" como literatura infantil e xuvenil e que ninguén, independente da súa idade, debería perderse. Unha "pequena" xoia!!

venres, 8 de xaneiro de 2010

Delicioso Suicidio en Grupo

Arto Paasilinna

Ed. Anagrama (2007)

Milleiros de finlandeses lánzanse cada ano por un precipicio ou inhalan dióxido de carbono do tubo de escape. Precisamente o día da San Xoán, a festa de comezo de verán, Onni Rellonen, un empresario en crise, decide poñer fin á súa vida. Pero xusto cando atopa un graneiro afastado, uns ruídos o deteñen. Onni salva a outro visitante do graneiro, o coronel Kemppainen, un viúvo que tiña decidido matarse ese mesmo día. Ámbolos dous renuncian ao común propósito e comezan a falar sobre os motivos que os impulsaban. Toman unha sauna, beben coñac e comezan a tutearse, ata que se renden ante a evidencia: existes un gran número de candidatos ao suicidio. Nace deste xeito unha longa amizade e a idea de fundar unha asociación de "aspirantes a suicida". Así, trinta e tres compañeiros deciden partir, nun flamante autocar, en busca dun suicidio colectivo digno: cruzarán Europa ata atopar o mellor acantilado dende o que lanzarse deliciosamente ao baleiro.

Entrevista ao autor en "El País"

luns, 30 de marzo de 2009

El Asombroso Viaje de Pomponio Flato

Eduardo Mendoza
Seix Barral

No século I da nosa era, Pomponio Flato viaxa polos confíns do Imperio romano en busca dunhas augas de efectos portentosos. O azar e a precariedade da súa fortuna lévano a Nazaret, onde vai ser executado o carpinteiro do pobo, convicto do brutal asasinato dun rico cidadán. Moi ao seu pesar, Pomponio vese inmerso na solución do crime, contratado polo máis extraordinario dos clientes; o fillo do carpinteiro, un neno candoroso e singular, convencido da inocencia do seu pai, home en apariencia pacífico e taciturno, que agocha, sen embargo, un grande segredo.

Cruce de novela histórica, novela policiaca,
haxiografía e parodia de todas elas, "El asombroso viaje de Pomponio Flato" é a obra máis insólita e inesperada de Eduardo Mendoza, e tamén unha das máis ferozmente divertidas.

Outro dos títulos que o Club de Lectura O Segrel vai compartir co Club de Lectura Ars Legendi. Esta está a ser unha fermosa experiencia de lecturas compartidas!!

luns, 26 de xaneiro de 2009

Los Objetos nos Llaman

Juan José Millás
Seix Barral (2008)

O misterioso esculca á volta da esquina, no interior dun mesmo. Mulleres grandes que soñan con homes diminutos. Manequíns que súan. Polos que chegan dende o mercado á casa, pero que nunca aparecen na mesa. Mentiras que se converten en realidades inexplicables. Mistos vellos que alumean habitacións antigas. Pequenos malentendidos que dan lugar a preguntas fundamentais. Delirios sensatos. Corduras delirantes...

"Los objetos nos llaman" (podes lelos en liña) é unha selección dos mellores contos de Juan José Millás. Dividido en dúas partes fundamentais "As orixes" temas do pasado e da infancia, e "A vida" contos protagonizados polos mesmos personaxes ou por outros novos pero xa de adultos.


Nesta ocasión o Club de Lectura O Segrel vai compartir esta lectura co Club de Lectura Ars Legendi que xenerosamente nos fixo chegar 8 exemplares desta obra do gran Millás. Grazas Mar, esperamos seguir disfrutando desta experiencia de lecturas compartidas.