domingo, 31 de maio de 2015

Arrugas

Paco Roca

Astiberri (2007)

Emilio, un antigo executivo bancario, é internado nunha residencia de anciás pola súa familia tras sufrir unha nova crise de Alzheimer. Alí, aprende a convivir cos seus novos compañeiros - cada quen cun cadro "clínico" e un carácter ben distinto- e os coidadores que os atenden. Emilio internarse nunha rutina cotiá de cadencia morosa con horarios prefixados - a toma dos medicamentos, a sesta, as comidas, a ximnasia, a volta á cama...- e nun pulso coa enfermidade para intentar manter a memoria e evitar ser trasladado á derradeira planta, a dos impedidos, conta coa axuda de Miguel, o seu compañeiro de habitación... Paco Roca aborda en Arrugas temas delicados, ata agora escasamente tratados en historieta, como son o Alzheimer e a demencia senil. E faino dun xeito intimista e sensible, con algúns apuntes de humor pero sen caer en ningún momento na caricatura. 

Premio Nacional do Cómic 2008.

A adaptación cinematográfica de Arrugas, dirixida por Ignacio Ferreras foi gañadora dos premios Goya 2012 á mellor película de animación e ao mellor guión adaptado.

sábado, 30 de maio de 2015

El Abanico de Seda

Lisa See

Salamandra (2005)

Como proba da súa boa estrela, Lirio Blanco, unha tímida nena de sete anos, filla dunha humilde familia de campesiños, será irmandada con Flor de Nieve, que vive nun pobo afastado e é de moi distinta ascendencia familiar. Por medio dunha cerimonia ancestral, ambas convértense en laotong ("o meu outro eu" ou "alma xemelga"), un vínculo que dura toda a vida e que será máis profundo que o matrimonio. Dende o principio, e ao longo doa anos, Lirio Blanco e Flor de Nieve intercambiaranse mensaxes en nu shu escritos nun abano de seda, que as serventas levarán dunha casa á outra. En abanos e panos darán conta do que ninguén coñece; os seus máis íntimos pensamentos e emocións, e grazas a esa vía secreta de comunicación consolaranse das penalidades do matrimonio e a maternidade. O nu shu manteraas unidas, ata que un erro na interpretación dunha das mensaxes ameazará con truncar a súa fonda amizade.

venres, 15 de maio de 2015

La Casa de la Linterna

Carlos de Castro

Espino Alvar

Melchor Abreira é un galego que fixo fortuna na Arxentina, no negocio de exportación de carne. Constrúe unha casa na súa terra natal (a chamada Casa Grande ou Casa da Linterna), na que se alonxa Azaña cando ven á vila a fundar o partido Esquerda Republicana. Ao producirse o levantamento do 36, Melchor Abreira morre coa súa dona en madrid, nun bombardeo. O seu único fillo, Luis Abriera, biólogo que ía casar coa filla do reloxeiro Daniel Lobato, presidente do partido de Esquerda Republicana de Pontedeume, agóchase na casa. É un máis dos moitos fuxidos que se agochan nas súas propias casas ou que se botan ao monte.

A novela comeza cando, oito anos despois, é asesinado Custodio Lázaro, un carboeiro que axudaba a Luis a sobrevivir na casa, ao intentar poñerse en contacto cos refuxiados no bosque; e Luis é descuberto gravemente enfermo por dous rapaces, de 14 anos, da localidade: Eduardo mata, fillo do médico Servando Mata e Miguel Torres, fillo do recén chegado Xefe de Estación da Renfe. Que facer? Axudalo? Denuncialo? Decirllo aos seus pais?. Tendo como punto de patida este dilema, os rapaces van descobrindo, a medida que seguen coas súas vidas de adolescentes, unhanova realidade que descoñecían, da que ninguén lles tiña falado e sobre a que na vila se establecera un tácito pacto de silenzo: a realidade da sublevación, a represión posterior e a sórdida loita que mantén a Garda Civil cos fuxidos.

Entrevista co autor