Amosando publicacións coa etiqueta Violencia Xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Violencia Xénero. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de decembro de 2018

Prohibido Nacer

Blackie Books (2017)

As vivencias de Trevor Noah na súa Sudáfrica natal durante e despois do apartheid. Non é so un perturbador relato do que supoñía crecer en Sudáfrica durante o apartheid, senón unha carta de amor á extraordinaria nai do autor que abrangue dende o seu nacemento ata que se emancipa do fogar familiar.

O autor ofrece unha serie de agudas instantáneas da existencia no asentamento de Soweto, onde vivía a súa aboa materna. Alí, lembra, o 99.9% da poboación era negra, e a súa pel clara convertíao nunha curiosidade para a veciñanza.

Tamén lembra que “o asentamento estaba en permanente estado de insurrección. Sempre había alguén manifestándose ou protestando en algures, e había que reprimilo. Mentres xogada na casa da miña aboa, oía os tiros, os berros, como disparaban gas lacrimóxeno contra a multitude”

martes, 20 de novembro de 2018

Pascual Alapont

Xerais Edicións (2004 )
Colección "Fóra de Xogo"

Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí. Esta novela de Pasqual Alapont, escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluído, pon os pelos de pé. Esta é a historia de Marta, unha moza que se namorou da persoa equivocada; pero tamén é a historia dunha amizade a proba de bombas que cativa pola súa tenrura. 

O libro complétase con "A máscara do amor", un texto no que o psicólogo e criminalista Vicente Garrido analiza os comportamentos de risco que calquera persoa moza debería ter en conta para evitar caer no inferno do maltrato físico ou psicolóxico. Un libro útil que combina unha novela emocionante chea de suspense e un práctico libro de autoaxuda

sábado, 18 de novembro de 2017

O Inferno de Marta

sábado, 5 de maio de 2012

A Esmorga

Eduardo Blanco Amor

Galaxia

A Esmorga foi a primeira obra narrativa en idioma galego que publicou Blanco-Amor, i é, xa que logo, unha das máis singulares da literatura galega dos nosos días. Nela, con independencia da riqueza técnica, destácase a riqueza da linguaxe, o humor que caracteriza grande parte da obra do autor, e un mundo de picaresca que se ten realidade nas vilas e cidades de Galicia, non tivo deica a aparición deste libro expresión literaria. Pódese dicir que A Esmorga é, en verdade, a primeira narrativa da picaresca galega, feita co ár trouleiro que se axeita ao temperamento do pobo, retranqueiro e ledo. É a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal.

A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.

Sobre esta novela escribiu o filólogo portugués, Profesor Rodrigues Lapa: "É unha novela estraña e poderosa, cuxos personaxes recórtanse, fortes e palpables, no escenario da vella Auria, falando un idioma de excelente sabor popular. Nada lle falta pra que poida ser considerada como unha pequena obra mestra"

Ruta da Esmorga