venres, 15 de xuño de 2012

Comida Despedida Club de Lectura

Hoxe, venres día 15 de xuño, os membros do Club de lectura de pais, nais e profesorado, celebramos, como xa ven sendo habitual dende o primeiro curso que se organizou o Club, hai xa seis anos, a comida de despedida de curso.

Faltaron, e vaia que se os botamos en falta, Isabel, Meren, Mari Carmen, Rosa, Chelo, Marga, Inma e David, pero non por iso quedarán sen o seu agasallo... a súa bolsa estará lista a vindeira semana.

Foi unha comida ben agradable, á que se uniron algúns dos membros do equipo da biblioteca, e, como xa é costume, co café chegaron os xa tradicionais "deberes" para o verán. Unha bolsa e un bolígrafo do Segrel, unha libreta, un marcalibros, un CD de música folk, jazz, blues...(a novidade deste ano) e tres libros dos xa seleccionados para o vindeiro curso, que como este nos centramos en algúns dos clásicos da literatura galega que ninguén debería perderse, nesta ocasión casi todos son en castelán. 

Os libros elixidos son:

Allende, Isabel “La suma de los días
Caamaño, Begoña Morgana en Esmelle
Caso, ÁngelesContra el viento
Fdez. Paz, Agustín “As fronteiras do medo
Gabas, Luz Palmeras en la nieve
Grandes, Almudena El lector de Julio Verne
Grandes, Almudena Ines y la alegría
Hosseini, Khaled "Mil soles espléndidos"
Moreno, Eloy: “El bolígrafo de gel verde
Strout, ElisabethOlive Kitteridge
Zusak, Markus Cartascruzadas

E despois de feito o reparto, no que todos quedaron encantados cos títulos que lles incluímos nas súas bolsas, fixéronme entrega dun agasallo que nunca deixará de emocionarme. Un fermosísimo ramo de flores e unha marabillosa libreta que xa está a formar parte da miña colección particular. É que algunhas son tan fermosas que non son quen de estrenalas... bueno, neste caso a estrenaron cos seus agarimosos comentarios.

Graciñas a tod@s por seguir un ano máis compartindo lecturas e risas no Segrel. Ata a volta!!




Enquisa Club de pais, nais e profes




venres, 8 de xuño de 2012

Todo é Silencio


Xerais 

"Todo é silencio" narra o irresistibel ascenso social de mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que el domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. "Todo é silencio" narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar ás crebas, á procura de restos de naugraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e angaiolante a un tempo do onmipresente Mariscal. Unha novela, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o estraño feitizo da condición humana.