Amosando publicacións coa etiqueta Nazismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nazismo. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de febreiro de 2020

La ladrona de libros

Markus Zusak

Lumen, 2007


En plena II Guerra Mundial a pequena Liesel atopará a súa salvación na lectura. Unha novela preciosa, humana e emocionante que narra as peripecias dunha nena alemá de nove anos dende que é dada en adopción pola súa nai ata o final da guerra. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta ao nazismo, ensínaa a ler e a través dos libros Rudy logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristura. Pero é o libro que ela mesma está a escribir o que finalmente lle salvará a vida.

Trailer da película

martes, 12 de marzo de 2019

Los Pacientes del Doctor García

Almudena Grandes

TusQuets (2017)


Tras a vitoria de Franco, o doutor Guillermo García Medina segue vivindo en Madrid baixo unha identidade falsa. A documentación que o liberou do paredón foi un agasallo do seu mellor amigo, Manuel Arroyo Benítez, un diplomático republicano ao que salvou a vida en 1937. Cre que nunca volverá a velo, pero en setembro de 1946, Manuel volve do exilio cunha misión secreta e perigosa. Pretende infiltrarse nunha organización clandestina, a rede de evasión de criminais de guerra e prófugos do Tercer Reich que dirixe dende o barrio de Argüelles unha muller xermana e española, nazi e falanxista, chamada Clara Stauffer. Mentres o doutor García deixase recrutar por el, o nome doutro español se cruza no destino dos dous amigos. Adrián Gallardo Ortega, que tivo o seu momento de gloria como boxeador profesional antes de alistarse na División Azul, para seguir loitando como voluntario das SS e participar na última defensa de Berlín, malvive en Alemaña, ignorando que alguén pretende suplantar a súa identidade para fuxir á Arxentina de Perón.  

Reseñas

El País

La Vanguardia

ABC
 

martes, 6 de novembro de 2018

Cuando Hitler Robó el Conejo Rosa

Judith Kerr

Alfaguara (2007)


A chegada de Hitler ao poder vai cambiar radicalmente a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deberán abandonar o seu país e deixar moitas cousas queridas, como o seu coello de peluche. Con el tamén se quedará a súa infancia.
 
Interviews

The Guardian

The New York Times

BBC Newsnight

martes, 5 de decembro de 2017

Izan o da Saca


Xerais (2016)

O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur. 

Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.

luns, 24 de abril de 2017

El Ruiseñor

 
Suma (2016)
 
Francia 1939. No tranquilo pobo de Carriveau, Vianne Mauriac despídese do seu home,  Antoine, que debe marchar ao fronte. Ela non cre que os nazis vaian invadir Francia, pero fano. Cando un capitán alemán requisa a casa de Vianne, ela e a súa filla deben convivir co inimigo ou arriscarse a perdelo todo. Sen comida, nin diñeiro, nin esperanza, Vianne vese obrigada a tomar decisións cada vez máis difíciles para sobrevivir.
A irmá de Vianne, Isabelle, é unha moza rebelde de dezaoito anos que busca un propósito para a súa vida con toada a temeraria paixón da xuventude. Mentres miles de parisinos  foxen da cidade ante a inminente chegada dos alemáns, Isabelle atópase con Gäetan, un partisano que cre que os franceses poden loitar contra os nazis dende dentro de Francia. Isabelle enamórase completamente pero, tras sentirse traizoada, decide unirse á Resistencia. Sen pararse nunca para mirar cara atrás, Isabelle arriscará a súa vida unha e outra vez para salvar a outros.
"No amor descobrimos quen queremos ser
Na guerra descobrimos quen somos en realidade"
 
Premio Goodreads Mellor Novela de Fición Histórica.

domingo, 14 de febreiro de 2016

Charlotte

David Foenkinos

Alfaguara (2015)


Charlotte Salomon, pintora xermana de orixe xudeu, deixa Berlín tras unha infancia marcada por unha traxedia familiar e unha relación amorosa que deixará nela unha pegada definitiva, e pon rumbo a Francia fuxindo dos nazis. No sur de Francia agárdanna os seus avós, que agochan un segredo que Charlotte non pode coñecer. Alí comeza a compoñer a súa fascinante autobiografía a través dunha obra única. Cando descobre que está en perigo confía os seus cadros ao seu médico a quen lle confesa: "é toda a miña vida". 

Charlotte morre aos vinteseis anos en Auschwitz, lonxe do seu grande amor.


Página 2

Banda Sonora




Escritores e Pintores dos que se fala na novela

Premios
Premio Renaudot 2014

Premio Goncourt 2014

Entrevistas ao autor
El País Cultura

ABC Cultural

Eldiario.es

Glamour

sábado, 22 de marzo de 2014

La Ladrona de Libros

Markus Zusak

Editorial Lumen, 2007


En plena II Guerra Mundial, a pequena Liesel atopará a súa salvación na lectura.

Unha preciosa novela, tremendamente humana e emocionante, que describe as peripecias dunha nena alemana de nove anos dende que é dada en adopción pola súa nai ata o final da guerra. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta ao nazismo, ensínalle a ler e a través dos libros Rudy consegue distraerse durante os bombardeos e combater a tristura. Pero é o libro que ela mesma está a escribir o que finalmente lle salvará a vida.

martes, 11 de xuño de 2013

"Cine Palomitas" La Caja de Música

Director: Costa Gavras

Música: Philippe Sarde


Despois da lectura da fantástica novela de Clara Usón "La hija del Este", decidimos rematar o curso coa película "La caja de música" do gran Costa Gavras. 

A historia de Ann unha avogada que no transcurso dun controvertido xuizo, irá descubrindo a verdadeira personalidade do seu pai, moi similar á historia de Ana, a filla do xeneral Ratko Mladic, na que se basa a novela de Clara Usón. 



Se queredes ler a crónica da xuntanza...

venres, 12 de abril de 2013

Maus

Art Spiegelman

Random House Mondadori


Maus é a biografía de Vladek Spiegerman, un xudeo polaco supervivinte dos campos de exterminio nazi, contada polo seu fillo Art, un debuxande de cómics que quere deixar memoria da aterradora persecución que sufriron millóns de persoas na Europa sometida a Hitler e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores.


Art Spiegerman aproxímase ao tema do Holocausto dun xeito absolutamente renovador, e para elo relata a experiencia da súa propia familia en forma de memoria gráfica, utilizando todos os recursos estilísticos e narrativos tradicionais deste xénero e, á vez, inventando outros novos. A radicalidade narrativa desta obra marcou un antes e un despois no universo da novela gráfica, e por ese motivo obtivo o primeiro e único premio Pulitzer outorgado a un cómic. 

Vía Norma Edicións

Máis información en:                                                          In English:

Guía del Cómic                                                               Teacher's Guide

Tebeosfera                                                                      Study Questions

Guía Didáctica (Catalán)                                                   Reading Questions and Resources


luns, 18 de febreiro de 2013

La Sociedad Literaria y el Pastel de Piel de Patata de Guernsey

Mary Ann Shaffer 

Annie Barrows

RBA


Enero de 1946, Londres emerxe das sombras da segunda guerra mundial. A escritora Juliet Ashton está buscando o argumento para o seu próximo libro. Quen podería imaxinar que o atoparía na carta dun descoñecido, un nativo da illa de Guernsey, a cuxas mans chegou un libro de Charles Lamb que pertenceu a Juliet?  A medida que Juliet e o descoñecido intercambian cartas, ela quédase atrapada nun mundo marabillosamente excéntrico. A sociedade literaria e o pastel de pel de pataca de Guernsey – nada como unha coartada espontánea cando os seus membros foron descubertos rompendo o toque de queda dos alemán – conten unha galería de personaxes fondamente humanos, divertidos, encantadores, todos amantes da literatura, que sobrelevaron a ocupación nazi organizando reunión de lectura sobre novelas clásicas, sempre arredor dun pastel de pel de pataca. Juliet comeza unha importante correspondencia cos membros da sociedade, pequenas xoias que falan de libros e do pracer da lectura, da amizade, da vida cotiá e do impacto recente que a ocupación alamana tivo nas súas vidas. Cativada polas súas historias, decide visitalos e o que atopa cambiará para sempre a súa vida.

Para saber máis sobre Guernsey