martes, 23 de abril de 2019

La Nieta del Señor Linh

Philippe Claudel

Salamandra (2006)


Nunha fría mañá de novembro, tras unha penosa viaxe en barco, un ancián desembarca nun país que podería ser Francia, onde non coñece a ninguén e cuxa lingua ignora. O señor Linh fuxe dunha guerra que acabou coa súa familia e esnaquizou a súa aldea. A guerra que lle roubou todo menos a súa neta, unha bebé chamada Sang Diu, que na súa lingua significa “Mañá doce”, unha nena tranquila que durme sempre que o seu avó lle tararea a súa nana, a melodía que teñen cantado durante xeracións as mulleres da súa familia. Instalado nun piso de acollida, o señor Linh preocúpase so pola súa neta, a súa única razón de existir ata que coñece ao señor Bark, un home robusto e afable cuxa muller morreu recentemente. Un afecto espontáneo xorde entre estes dous solitarios que falan distintas linguas, pero que son quen de comprenderse en silencio e a través de pequenos xestos. Ambos encóntranse regularmente nun banco do parque ata que, unha mañá, os servicios sociais conducen ao señor Linh a un hospicio que non está autorizado a abandonar. O señor Linh consegue, sen embargo, fuxir con Sang Diu e penetrarse na cidade descoñecida, decidido a atopar ao seu único amigo. A súa coraxe e determinación conducirano a un inesperado desenlace, profundamente conmovedor.


Entrevistas co Autor



martes, 9 de abril de 2019

Chamádeme Simbad

Francisco Castro 

Manel Cráneo (Ilustrador)

Galaxia (2009)


O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.

As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar.
Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.