Amosando publicacións coa etiqueta India. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta India. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de maio de 2016

Kim

Rudyard Kipling

Ediciones Gaviota (2001)


Kim está considerada como a obra mestra de Kipling e una das grandes narracións de todos os tempos.

Conta a historia de Kimball O’Hara, a quen todos chaman Kim, orfo dun soldado do rexemento irlandés. A acción transcorre na India colonial británica,  onde o mozo Kim sobrevive mendigando polas rúas de Lahore. Están tan arraigado na cultura local que moi poucos saben que é de raza branca.
Kim coñece a un ancián lama tibetano que vai en busca do lendario “Río da Frecha”, un río místico que cambiará o curso da súa vida. O lama proponse atopalo e Kim decide acompáñalo e guialo. Convértese así nun discípulo e xuntos realizan a viaxe por una antiga e lendaria rúa chamada “O Gran Tronco”. Ao mesmo tempo, polo camiño vaise decatando de “O Gran Xogo”, un conflito político entre o Imperio Ruso e o Imperio Británico que agocha unha misión secreta.

De xeito casual recibe un encargo dun espía británico para levar unha mensaxe ao comandante da zona. Pouco a pouco convértese en alguén en quen confiar e é enviado a estudar a unha prestixiosa escola británica. A pesares de que se opón con todas as súas forzas, é obrigado a separarse do lama quen o convence de que é o mellor.

Pasa o tempo e Kim segue mantendo a comunicación co servizo segredo británico, pero tamén co lama polo que sente un gran afecto e respecto. Durante unhas vacacións é recrutado e entrenado como espía e parte da súa educación consiste nun exercicio de memoria visual chamado “O Xogo das Xoias”.

Despois de tres anos de adestramento, recibe a orde de comezar a operar no “Gran Xogo”, aínda que antes lle conceden un descanso que aproveita para verse de novo co lama. Xuntos parten nunha viaxe ao Himalaya en busca do “Río da Frecha”, punto culminante da aventura onde se mesturan o mundo do espionaxe coa espiritualidade e onde o lama dáse de conta de que está confundido e que tería que ter feita a súa busca polas llanuras e non nas montañas.

Ao final, Kim terá que resolver a encrucillada de seguir no “Gran Xogo” ou escoller o camiño espiritual do budismo tibetano.


Viaxe iniciática e novela de aventuras, Kim é unha obra edificante, unha novela que ten cegado a distintas xeracións dende a súa publicación en 1901.


domingo, 15 de abril de 2007

USHA

María Reimóndez
Xerais, Vigo 2006
Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá. Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.