domingo, 30 de novembro de 2014

Cando Petan na Porta Pola Noite

Xabier Docampo
Xerais (2000)

Logo dunha reflexión inicial do autor sobre o gusto pola narración oral, que inclúe o recoñecemento a seu pai como gran contador de historias, reúnense catro historias de medo co desexo de que o lector sexa tamén dono do seu propio medo e as faga súas, para contalas tamén. a xeito de transmisor oral, continuando o fío da literatura oral tradicional.



  • O espello do viaxeiro
  • O Fornadas
  • A loba
  • O cumpremortes

  • Blog do autor



    luns, 17 de novembro de 2014

    Las Tres Bodas de Manolita

    Almudena Grandes

    Tusquets 2013

    "Nos bos tempos as mozas casan por amor. Nos malos non sempre poden elixir"

    "Las tres bodas de Manolita" é unha emotiva historia coral sobre os terribles anos de pobreza e desolación na inmediata posguerra.

    Aborda a historia dun Madrid devastado, saído da Guerra Civil, na que sobrevivir convértese nun duro oficio cotiá. É a historia de Manolita, unha rapaza que, cando os seus pais son encarceados, ten que facerse cargo dos seus catro irmáns.

    As historias céntranse na represión tras a guerra, na corrupción do sistema, no sinistro Patronato de Redención de Penas e na rede de apoio aos presos que se constituiu na resistencia interna contra o franquismo.

    Son historias de ficción baseadas en feitos reais, como a de Roberto Conesa, o comisario Conesa mestre de torturadores, o máis célebre da dictadura, ou a de Isabel Perales, na que se basa a historia de Isabel, a irmá de Manolita.


    Las tres bodas de Manolita:

    domingo, 16 de novembro de 2014

    Corto Maltés

    Hugo Pratt

    Corto Maltés, un personaxe de culto dentro da novela gráfica europea, un viaxeiro, un navegante creado por Hugo Pratt en 1967.

    Corto é un anti heroe que prefire a súa liberdade ao diñeiro. Un moderno Ulises que nos leva de viaxe por algúns dos lugares máis fascinantes do mundo.

    Corto Maltés naceu en 1887, fillo dun marino británico e dunha xitana "La niña de Gibraltar". As súas aventuras comezan en "A balada do mar salgado" onde o Maltés e recollido da auga polo seu amigo Rasputín. Nesta aventura nos da unha pequena pista das súas orixes.


    Canales y Pellejero resucitan a "Corto Maltés"

    Corto Maltés, El futuro de la aventura

    Corto Maltese.com

    sábado, 1 de novembro de 2014

    El Asesinato del Profesor de Matemáticas

    Jordi Sierra i Fabra

    Pablo Núñez (Ilustrador)

    Anaya (2000)

    Narra a historia de tres alumnos que cren odias as matemáticas e o seu profesor, para facerlles mudar de idea, anímaos a descobrir o seu asesinato resolvendo unhas probas que lles servirán de pistas para chegar ata o asasiño.

    Guía didáctica