Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Corazón de Tinta

Cornelia Funke

Siruela (2008)


Quen son realmente Dedo Polvoriento, Capricornio ou Lingua de Bruxo saberao Meggie polas respostas que atope nun vello pobo das montañas de Liguria... e tamén nun libro. Cando Mo, o pai de Meggie, saúda a un estraño visitante que aparece na súa casa, a nena sente que aquela persoa emana un perigo, quizais unha grande ameaza contra o seu pai... e entón foxen ao sur, á casa da tía Elinor, propietaria dunha das máis fascinantes bibliotecas que calquera poida imaxinar. Meggie descubrirá que os forasteiros que misteriosamente aparecen e desaparecen, como aquel visitante nocturno, chaman ao seu pai Lingua de Bruxo, xa que teñen o don de dar vida aos personaxes dos libros cando le en voz alta. 

Esta novela de Cornelia Funke é maxia. É unha viaxe ao mundo dos libros, unha gran novela de aventuras e unha verdadeira declaración de amor aos grandes textos universais que cativan aos seus lectores. Así como unha loita feroz entre ficción e realidade, entro o ben e o mal.



domingo, 12 de xaneiro de 2014

A Miña Planta de Laranxa Lima

José Mauro de Vasconcelos

Primerapersona (2003)

Unha novela con trazos autobiográficos, que conta as aventuras e desventuras de Zezé, un neno de cinco anos que quere ser poeta a levar garabata de lazo, pero a quen a vida lle ten reservada unha existencia rodeada da máis absoluta miseria e incomprensión. É, neste sentido, un documental social e un retrato do Brasil máis desfavorecido, o da pobreza máis absoluta, pero é tamén un documento cargado de lirismo, trazado con sensibilidade, axilidade e unha sinxeleza estilística desbordante.


domingo, 6 de xaneiro de 2013

Episodios de una Guerra Interminable I "Inés y la Alegría"


«”Inés y la alegría” é a primeira entrega dun proxecto narrativo integrado por seis novelas independentes que comparten un espírito e unha denominación común, “Episodios de una guerra interminable”, para vinculalas, máis aló do tempo e das miñas limitacións, aos Episodios nacionais de don Benito Pérez Galdós... Non se trata de grandes batallas, como Trafalgar ou Bailén.

Os episodios que eu puiden contar son historias igual de heroicas pero moito máis pequenas, momentos significativos da resistencia antifranquista, que abarcan, dende perspectivas moi distintas, case corenta anos de loita ininterrompida, un exercicio permanente de rabia e de carraxe no contexto dunha represión feroz. Unha determinación tan firme que durante moitos anos pareceu un suicidio, pero sen o que nunca tería  chegado a ser posible a España aburrida, democrática, desde a que eu poida permitirme o luxo de evocala.» 

Almudena Grandes


Tusquets (2010)

Toulouse, 1939. Carmen de Pedro, responsable en Francia dos decimados comunistas españois, crúzase con Jesús Monzón; anos despois, en 1944, Monzón contará cun exército de homes dispostos a invadir España. Entre eles está Galán, quen cre que, tras o desembarco aliado e a retirada dos alemáns, é posible establecer un goberno republicano en Viella. Non lonxe de alí, Inés, que apoiou a causa republicana durante a guerra, oe ás agachadas o anuncio da operación Reconquista de España en Radio Pirenaica, e ármase de valor, e de secreta alegría, para deixar atrás os peores anos da súa vida.



domingo, 26 de febreiro de 2012

La Llave de Sarah



Suma de letras (2910)


París, xullo de 1942. As autoridades arrestan a 13.000 xudeos ante a mirada dos parisinos, que gardan silenzo por medo, indiferencia ou simple interese, xa que esperan ocupar as vivendas valeiras. O pequeno Michel agóchase nun armario para fuxir da redada. A súa irmá Sarah pecha a porta para protexelo e garda a chave, pensando que vai voltar nunhas horas. Sen embargo, o destiño dos Starzynski é protagonizar unha das páxinas máis luctuosas da historia gala. Os xendarmes confinan aos miles de detidos durante cinco dían no Velódromo de Inverno, preto da Torre Eiffel, sen comida nen auga. Despois envian ás familias a un campo de concentración francés, onde os afastan como paso previo ao seu posterior traslado a Auschwitz. Parías, maio de 2002. Xulia Jarmond, unha xornalista norteamericana afincada en Francia dende hai vinte anos, recibe o encargo de preparar unha reportaxe con ocasión do sexaxésimo aniversario da redada. A reporteira reconstrúe o itinerario dos Starzynsky e a denodada loita de Sarah por salvar ao seu irmán, pero o último que pode imaxinar é que a investigación levaraa ata os Tézac, a familia do seu home. A epopeia da nena xudea será un exemplo a seguir para Xulia e para os que viviron marcados polo peso da culpal A chave de Sarah abre, entre outras cousas, a porta da redención.


martes, 3 de xaneiro de 2012

Cien Años de Soledad

Gabriel García Márquez

Alfaguara (2007)

Un clásico consagrado da literatura Latinoamericana. Narrado en terceira persoa a novela desenvólvese durante o principio do século XX, na época do imperialismo colonial. Describe a historia, as traxedias e as venturas da familia Buendía ao longo de seis xeneracións. Comeza coa fundación do mítico Macondo, escenario onde transcurrirán eses cen anos de soidade.
Clica na imaxe e entrarás no realimo virtual da novela.

luns, 14 de febreiro de 2011

La Evolución de Calpurnia Tate

Jacqueline Kelly

Roca Editorial (2010)

Calpurnia Callie Vee é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, a coser e cociñar, ela está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Pouco a pouco irá gañándose a este home un tanto huraño e comezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprenderá quen é Darwin, que son as especies e as subespecies, e tamén o idiotas que se volven os seus irmáns maiores cando se namoran.

Críticas:
El País

QuéLeer

Para saber máis:
El origen de las especies



Charles Darwing e a Teoría da Evolución







A Música da Novela





xoves, 2 de decembro de 2010

A Praia dos Afogados

Domingo Villar

Galaxia (2010)

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009

Premio Losada Diéguez de Creación Literaria

Premio Brigada 21 de novela negra


Autor do ano pola revista Fervenzas Literarias




Entrevista a Domingo Villar en Radio Barullo, a nosa Radio Escolar.

Invitámosvos a percorrer os escenarios onde se desenvolve esta fantástica novela guiados, como xa fixemos con "Ollos de auga", por "a lei de Lem" e, por suposto, disfrutade da súa banda sonora coas marabillosas voces de Barbara Bonny e Louis Armstrong, entre outros...


Artistas galegos na novela:
Xosé Telmo Lodeiro
Xavier Pousa

domingo, 24 de outubro de 2010

O Home que Prantaba Árbores


Ilustrador: Jacobo Fernández

Tradutora: Ánxela Gracián

Galaxia (2009)

Un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar fala esta pequena grande obra mestra da literatura do século XX.



Podedes escoitar a narración gravada en 1993 por Lara López acompañada polo saxo soprano de Paul Winter Consort




Ou ver a curtametraxe dirixida por Frédéric Back pola que gañou un Óscar á mellor curta de animación en 1987


2011 Ano Internacional dos Bosques

Situación dos Bosques no Mundo