Amosando publicacións coa etiqueta Intriga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Intriga. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de decembro de 2019

O último barco

Domingo Villar

Editorial Galaxia, 2019



A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a un xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E, aínda que nada pareza alterado na casa nin na vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña ha comprobar que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras.

Entrevista ao autor

venres, 11 de maio de 2018

La Chica del Tren

Paula Hawkins

Planeta (2015)


Rachel toma sempre o tren das 8.04h. Cada mañá o mesmo: a mesma paisaxe, as mesmas casas... e a mesma parada na sinal vermella. Son so uns segundos, pero lle permiten observar a una parella almorzando tranquilamente na súa terraza. Sente que os coñece e se inventa uns nomes para eles: Jess e Jason. A súa vida é perfecta, non como a súa. Pero un día ve algo. Sucede moi rápido, pero é suficiente. E se Jess e Jason non son tan felices como ela cre? E se nada é o que parece? Ti non a coñeces. Ela a ti, si.



sábado, 2 de abril de 2016

Os escarabellos voan á tardiña

María Gripe

SM (1989)


Tres rapaces aceptan o encargo de coidar, durante o verán, as flores dunha casa deshabitada. Fascinados polo misterio desta, explórana. No faiado atopan un paquete de cartas que foron escritas por Andreas e a súa irmá Magdalena no século XVIII, e ían dirixidas a Emilie. 

Falan das ideas de Andreas, das súas relacións amorosas con Emilie e do tráxico fin dos dous, debido ao maleficio dunha estatua funeraria que Andreas trouxera de Exipto e sobre a que pesaba unha maldición. 

Os xoves comezan xuntos unha pescuda na que recibirán pistas de orixe misterioso, veranse envoltos en aventuras insólitas e farán descubrimentos desconcertantes.


Guía de Lectura 1

Guía de Lectura 2




venres, 15 de xaneiro de 2016

Tes ata as dez


Galaxia (2015)

Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta tripidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asustno do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas... todo un mollo de asuntos nunha novela qu enos vai levar de viaxe pola historira rencente de España e Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade. 


Entrevistas co autor




Axenda Cultural AELG

La Voz de Vigo

Cultural CRTVG


Banda Sonora

venres, 4 de decembro de 2015

El Asesinato de la Profesora de Lengua


Jordi Sierra i Fabra

Ilustracións: Pablo Núñez


Anaya (2007)


A profesora de lingua, Soledad, está farta de que os seus alumnos no se esforcen na clase. A súa desesperación chegou a tal límite, que lles comunica unha seria notica: Antes de rematar o día, asasinará a un deles, se non conseguen detela antes.

Terán que resolver as probas que lles vaian aparecendo ata dar coa resolución o que nos levará a un final inesperado.

Aos alumnos vailles a vida niso, así que non perderán un só segundo.

A busca comezou...



domingo, 8 de novembro de 2015

Los Espejos Venecianos

Joan Manuel Gisbert

Edelvives (2002)


As estancias solitarias e cheas de misterio dun deshabitado palazzo de Padua vai exercer unha irresistible e fonda fascinación dun novo estudante. A lenda de Beatrice Balzani, a que nunca morreu, unha muller que desapareceu sen deixar rastro e que deixou de existir envolta nunha néboa de misterio, vive no recordo de todos os habitantes da cidade.

A súa invisible presenza influirá de xeito decisivo nos feitos desta obra.

Giovanni Conti, estudante de Letras en Padua, encontra aloxamento nunha vella casa rexentada por unha misteriosa anciá. Dende a ventá do seu cuartucho, divisa un antigo palacio que parece abandonado. Advirte, sen embargo, algún movemento, polo que decide buscar información na biblioteca da universidade, pero non atopa nada. Unha noite, entra no palacio, alí descobre uns espellos onde observa unha imaxe que non corresponde exactamente coa realidade, cre ver neles a pantasma de Beatrice Balzani...




domingo, 14 de decembro de 2014

Blacksad 1, 2, 3, 4 e 5



Norma Editorial 

Xénero policiaco con animais antropomórficos nun ambiente de serie negra que Juanjo Guarnido ilustra maxistralmente. 

Blacksad 1: Un lugar entre las sombras (2000)
Neste primeiro álbum, o detective privado John Blacksad investigará o asasinato de Natalia Wilford, unha actriz coa que mantivera unha relación sentimental no pasado. 

Blacksad 2: Artic - Nation (2003) 
A historia sitúase, nos momentos previos á caza de bruxas do Macarthismo, nun barrio degradado, no que dúas comunidades vense enfrontadas pola cor da pel dos seus habitantes. O secuestro dunha nena será o detonador e desatará os instintos máis primarios. Racismo, violencia, vinganza, intriga e misterio son algúns dos ingredientes deste novo thriller, un confuso quebracabezas que so Blacksad pode resolver. 

Blacksad 3: Alma roja (2005) 
Os tempos están mudando, as grandes potencias mundiales centran as súas investigacións na carreira nuclear e o medo ao comunismo é, nos EEUU, unha realidade cada vez máis patente. Blacksad, nesta ocasión reciclado a gardacostas, verase metido nunha intriga política de alcance internacional, cando se reencontra cun antigo profesor, agora toda unha eminencia no campo da enerxía atómica, e a súa axudante, a fermosa escritora Alma Maher. 

Blacksad 4: El infierno, el silencio (2010) 
Nova Orleans, a cuna do Jazz, disponse a celebra o seu Entroido. A cor e a música enchen as súas pintorescas rúas durante o Mardi Gras. Pero a calurosa cidade de Luisiana tamén ten un lado escuro. Inmerso nun sórdido ambiente de droga, vodú e baixas paixóns, o noso detective ten que atopar ao célebre pianista Sebastian "Littel Hand" Fletcher antes do amañecer. A noite vai ser larga para Blacksad...

Blacksad 5: Amarillo (2013)
John Blacksad está canso de tanta violencia e miseria ao seu arredor, así que decide tomarse un tempo antes de volver á casa. A sorte parece sorrirlle cando un descoñecido o contrata para levar o seu coche, un flamante Cadillac modelo Eldorado, dende Nova Orleáns ata Tulsa. Pero as rúas do sur son tan poeirento como imprevisibles e sen querelo, verase obrigado a atravesar os Estados Unidos de punta a punta para resolver un asasinato. Unha apaixónate aventura pola que desfilarán moteiros, avogados, escritores malditos e ata artistas de circo.

xoves, 4 de abril de 2013

Cartas Cruzadas

Markus Zusak

Lumen

Coñeces realmente á xente que máis che quere? Saben con que soñan os teus mellores amigos? Atréveste a descubrir algo insólito de ti mesmo?

Ed Kennedy é un rapaz calquera nun suburbio calquera dunha gran cidade. Vive nun apartamento en non moi boas condicións na compaña do seu can e se gaña a vida de taxista. Acompáñano unha panda de amigos que pouco ou nada lle piden á vida, pero de repente algo acontece e Ed terá unha misión que cumprir. Día tras día, noite tras noite, o rapaz irá descubrindo que o afecto, a amizade e o amor non son palabras valeiras senón verbos vivos: Se queres saber, pregunta; se pretendes axudar, actúa; se queres cambiar, non esperes. A miúdo, son os pequenos xestos os que moven o mundo e Markus Zusak demóstranos que cada un de nós, incluso un mozo calquera nun suburbio calquera, pode dar o primeiro paso.

sábado, 1 de decembro de 2012

O Carteiro de Bagdag

 Marcos Calveiro


Miguel Ángel Díez (Ilustrador)

Tambre (2008)

Estamos en Bagdag, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d'As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúas. 

Alleo a todo Ibrahim reparte o correo na súa moticilceta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.

Unha historia de amizade, de loita, de intriga...

domingo, 3 de abril de 2011

Settecento

Marcos Calveiro

Xerais (2010)

O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago. É, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. Settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a Marcos Calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.




luns, 18 de outubro de 2010

Mantis

Mercedes Castro

Alfaguara (2010)

Blog da autora

Teresa agocha segredos nos seus fogóns que conseguen que os seus pratos esperten paixóns, pero, a pesar da súa exitosa carreira como chef, do seu programa de televisión e a súa faceta como revolucionaria escritora de recetarios, non acaba de sentirse satisfeita. Tal vez porque os seus amantes desaparecen sen deixar rastro. Pode que por ese oco de silenzo que ninguén consegue reconstruir no seu pasado.
Para fuxir da soidade, Teresa obrígase a buscar unha alma xemelga que non consigue atopar e, decidica a aplacar a súa voracidade, determina volcarse na cociña, a súa verdadeira obsesión. Nas súas noites marcadas polas lembranzas e o insomnio creará manxares de sabores inesquecibles e imposibles de identificar, tan cheos de misterios como a súa vida, tan rebosantes de enigmas como os ingredientes que ningún ousado ten conseguido descifrar.
Tras un brillante debut coa súa novela “Y punto”, Mercedes Castro sorpréndenos con esta intriga psicolóxica, un conto de fadas envelenado, cheo de humor negro e un perverso sentido do suspense, a historia dunha muller fatal que persegue fuxir do seu destino. Mantis, plena de ironía e tensión, faranos desexar coñecer mellor a Teresa e, non importa que delicia nos serva, sentarnos a comer á súa mesa.

En Radio Barullo podedes escoitar a entrevista que lle realizou Almudena Marcos en RadioFusión a Mercedes Castro con motivo da presentación desta a súa segunda novela.

domingo, 18 de outubro de 2009

La Reina en el Palacio de las Corrientes de Aire

Stieg Larsson
Destino, 2009

Como xa imaxinábamos, Lisbeth non está morta, aínda que non hai moitias razóns para cantar vitoria: cunha bala no cerebro, necesita unda miracre, ou o máis habilidoso ciruxán que sexa quen de salvarlle a vida. Quédanlle semanas no mesmo centro onde un paciente moi perigoso segue a acechala: Alexander Zalachenko, Zala. Dende a cama do hospital, e a pesar do seu gravísimo estado, Lisbeth fai esforzos sobrehumáns para manterse alerta, porque sabe que as súas habilidades van ser, unha vez máis, a súa mellor defensa.

Mentres, cunha Erika Berger totalmente nas loitas de poder e as estratexias comerciais do poderoso xornal Svenska Morgon-Postes, en horas baixas tras o descenso das ventas e dos anunciantes Mikael síntese moi só. Quizais Lisbeth o teña afastado da súa vida, pero segundo as súas investigacións avanzan e as escuras razóns que están tras o complot contra Salander van tomando forma. Mikael sabe que non pode deixar nas máns da Xustiza e do Estado a vida e a liberdade de Lisbeth. Pesan sobre ela durísimas acusacións que fan que a policía manteña a orde de illamento, así que Kalle Blomkvist terá que ver de chegar ata ela, axudala, incluso ao seu pesar, e facerlle saber que segue alí, ao seu carón.

E o vindeiro 23 de outubro... Estrea da segunda parte da triloxía!!

"La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina"

Más información sobre esta película


Esta, tampouco deixaremos de vela, así que preparádevos !!

domingo, 26 de abril de 2009

Y punto.

Mercedes Castro

Blog da autora

Alfaguara

Cunha poderosa voz narrativa cargada de ironía, Mercedes Castro irrumpe
no panorama literario coa historia dunha muller que se move entre o lusco e o fusco, unha protagonista tan de carne e óso que traspasa as páxinas desta novela co seu humor agridulce, a súa contundente fraxilidade e un inconformismo esencial que vai máis alá de calquera punto final.
Clara Deza é contradictoria e deslinguada, Clara Deza é axente da autoridade, esposa e compañeira, tan sensible por dentro como dura por fóra. Inmersa nun mundo hostil marcado polo enfrontamento entre dúas esferas contrapostas: a laboral, poblada por policías que oscilan entre a incomprensión ou a superprotección, yonquis que inspiran tenrura e superiores que non a respetan, e a persoal, que xira entorno a un matrimonio que é á vez refuxo e casa de fieras, remanso de paz e estanque de tormentas.

luns, 12 de xaneiro de 2009

La Chica que Soñaba con una Cerilla y un Bidón de Gasolina

Stieg Larsson
Destino (2008)

Lisbeth Salander tomouse un tempo; necesita afastarse do foco de atención e sair de Estocolmo. Trata de seguir unha férrea disciplina e non contestar ás chamadas nen ás mensaxes de Mikael, que non entende por que ten desaparecido da súa vída sen dar ningún tipo de explicación. Lisbeth cúrase das feridas de amor en soidade, aínda que intente distraer o desencanto co estudo das matemáticas e certos placeres nunha plaia do Caribe.
¿E Mikael? O gran heroe, Súper Blomkvist, vive bos momentos en Millennium, coas finanzas da revista saneadas e o recoñecemento porfesional por parte de colegas e outros medios. Agora ten entre máns unha reportaxe apaixoante sobre o tráfico e a prostitución de mulleres procedentes do Este que lle porpuxeron unha parella, Dag e Mía.
Máis información en:Serie Larsson
Wikipedia
El Pais

Novas
A terceira entrega, o terceiro libro titulado "La reina en el palacio de las corrientes de aire", publicarase en España o próximo 5 de xuño.
Toca esperar!!

luns, 1 de decembro de 2008

Los Hombres que No Amaban a Las Mujeres


Stieg Larsson
Destino (2008)


Henrik Vanger recibe cada primeiro de novembro extrañas e anónimas flores prensadas dende os puntos máis lonxanos do mundo. Era o agasallo que solía facerlle a súa querida sobriña, desaparecida trinta anos atrás. Mikael Blomkvist, redactor da revista Millennium, adicada a destapar escuras tramas financieiras, recibe o encargo de Vanger de retomar unha investigación xa pechada pola policía. Un encargo nada habitual para Mikael que lle permitirá coñecer á enigmática Lisbeth Salander, unha muller con problemas de adaptación social, pero con extraordinarias e insólitas cualidades.

Este é o argumento dunha novela que é a crónica da guerra interna dunha familia, un fresco fascinante do crime e do castigo, de trampas financieiras, un entramado violento e ameazante entre o que sen embargo crece unha tenra e fráxil historia de amor. Unha historia de amor entre a que será a parella máis memorable da literatura criminal.


Máis información en:
Serie Larsson
El País
La Vanguardia