lunes, 18 de octubre de 2010

Mantis

Mercedes Castro

Alfaguara (2010)

Blog da autora

Teresa agocha segredos nos seus fogóns que conseguen que os seus pratos esperten paixóns, pero, a pesar da súa exitosa carreira como chef, do seu programa de televisión e a súa faceta como revolucionaria escritora de recetarios, non acaba de sentirse satisfeita. Tal vez porque os seus amantes desaparecen sen deixar rastro. Pode que por ese oco de silenzo que ninguén consegue reconstruir no seu pasado.
Para fuxir da soidade, Teresa obrígase a buscar unha alma xemelga que non consigue atopar e, decidica a aplacar a súa voracidade, determina volcarse na cociña, a súa verdadeira obsesión. Nas súas noites marcadas polas lembranzas e o insomnio creará manxares de sabores inesquecibles e imposibles de identificar, tan cheos de misterios como a súa vida, tan rebosantes de enigmas como os ingredientes que ningún ousado ten conseguido descifrar.
Tras un brillante debut coa súa novela “Y punto”, Mercedes Castro sorpréndenos con esta intriga psicolóxica, un conto de fadas envelenado, cheo de humor negro e un perverso sentido do suspense, a historia dunha muller fatal que persegue fuxir do seu destino. Mantis, plena de ironía e tensión, faranos desexar coñecer mellor a Teresa e, non importa que delicia nos serva, sentarnos a comer á súa mesa.

En Radio Barullo podedes escoitar a entrevista que lle realizou Almudena Marcos en RadioFusión a Mercedes Castro con motivo da presentación desta a súa segunda novela.

3 comentarios:

Maribel dijo...

Logo de namorarnos do personaxe de Clara, na súa anterior novela, esta nova protagonista resulta cando menos "extraña", tan aparentemente fráxil, tan educada, tan snob,tan singularmente fermosa, tan mimada por quenes a rodean. Anque certamente rematou resultándome cautivadora, a pesar dos seus gustos culinarios, que non comparto. Cabe dicer na súa defensa (se é que a precisa)que o "ingrediente" principal de cada unha das súas receitas o tiña máis merecido que calquer polo, vitela ou porquño dos que nos papamos sen dor de corazón.
A linguaxe de Mercedes Castro é concisa e aínda así resulta dunha ambigüidade extrema nalgúns párrafos. Según avanza a lectura vas pensando: non pode ser, ou si?, non, faino para que creamos que, pero non. E si. É o que vas crendo dende o principio.As declaracións do taxista non teñen precio neste senso.
Subliñar, nun aceno para @s que levamos tres cursos compartindo risos neste club, que esta autora, a fuciños, ten que ter ou tivo gat@s. Nesta novela tamen hai. E só quen convivíu con gat@s pode describir tan ben os seus comportamentos.Non si?

Rosi Rivera dijo...

Xa coñecedes a miña debilidade vampírica,pero non creo que Teresa poida ser catalogada como tal,¿non creedes que é máis canibalismo que outra cousa?Isa ansia,fame,necesidade de darlle un bo uso ao ser humano,buscando a súa parte máis sabososa,¿non é un xeito de atopar algo de bo nela mesma,pese a crecer oíndo o aborrecible que é?
Sorprendeume moito esta lectura i é que non deixa de abraiarme a forza que fai posible levantarse cada día ás persoas que están máis pisoteadas;asi como as reviravoltas que ten a nosa mente para xustificar os actos máis horribles.Ata pronto!

DERSU dijo...

Pois eu penso que esta novela só pode estar ben se a autora a concibiu como unha comedia porque senón, non hai por onde collela. Só na comedia podes distanciarte do patetismo da protagonista e das súas víctimas e votar unhas risas. Pero como creo que non era esta a intención de Mercedes Castro, teño que dicir que non me gustou en absoluto este libro.