Amosando publicacións coa etiqueta Viaxes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Viaxes. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de marzo de 2020

Largo pétalo de mar


Plaza&Janés, 2019

En plena guerra civil española, o xoven doutor Víctor Dalmau, xunto á súa amiga pianista Roser Bruguera, vense na obriga de abandonar Barcelona, exiliarse e cruzar os Pirineos cara a Francia. A bordo do Winnipeg, un navío fletado polo poeta Pablo Neruda que levou a máis de dous mil españois rumbo a Valparaíso, embarcarán en busca da paz e a liberdade que non tiveron no seu país. recibidos como heroes en Chile -"ese largo pétalo de mar y nieve", en palabras do poeta chileno-, integraranse na vida social do país durante varias décadas ata o golpe de estado que derrocou ao doutor Salvador Allende, amigo de Víctor pola súa común afección ao xadrez. Víctor e Roser atoparanse de novo desarraigados, pero como di a autora: "Si uno vive lo suficiente, los círculos se cierran".


domingo, 3 de xuño de 2018

Ledicia Costas

Xerais 


O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar una cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é una homenaxe ás novelas de aventuras, una viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.

  • Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015
  • Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Suvenil
  • Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX
  • Premio Gala do Libro Galego Infantil/Xuvenil, 2017
  • Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2017  



sábado, 18 de xaneiro de 2014

Ámote Leo A. "Destino Xalundes"

Rosa Aneiros

Xerais (2013)

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oidos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin un día máis nin un día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fasciantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados. Ámote Leo A. Quen estará detrás da misterios mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.

venres, 14 de xaneiro de 2011

El Tiempo Entre Costuras

María Dueñas

TH Novela (2009)


A xoven modista Sira Quiroga abandona Madrid nos meses convulsos previos ao alzamento arrastrada polo amor desbocado a un home a quen apenas coñece. Xuntos instálanse en Tánger, unha cidade mundana, exótica e vibrante na que todo o impensable pode facerse realidade. Incluso a traizón e o abandono da persoa en quen ten posta toda a súa confianza.

O tempo entre costur
as é unha aventura apaixoante na que os talleres de alta costura, o glamur dos grandes hoteis, as conspiracións políticas e as escuras misión dos servizos segredos se funden coa lealdade cara aqueles a quen queremos e co poder irrefreable do amor.



Blog sobre a novela



ENTREVISTAS Á AUTORA







El País (11/01/2010)

El Mundo (26/03/2010)

El Espectador.com (14/06/2010)

La verdad.es (20/06/2010)



A ARTE NA NOVELA

Jack Vettriano Pintor escocés autor do cadro "Valentine Rose" (2003) que aparece como portada da novela.

"Mariano Bertuchi 50 años después" Centro Virtual Cervantes

Mariano Fortuny y Madrazo "Estudio para Delphos rosa"

Historia dun vestido: Delphos de Mariano Fortuny

"Tejido plano de Fortuny": Monografía de Lucina Llorente

"Fortuny, el mago de Venecia" Exposición




A MÚSICA NA NOVELA









luns, 30 de novembro de 2009

O Club dos Máis Novos no Tibet

O pasado luns celebramos a segunda reunión do club de lectura de rapaces e rapazas de ESO, e aínda que con algunha ausencia por mor dun autobús que non pasou pola parada... a xornada dou ben de si.

Hai quince días, na primeira xornada do club, decidimos que o primeiro libro que leríamos este curso sería "Un loto na neve" de Gonzalo Moure un fermosísimo libro que nos levou ata o Tibet!

Se ben esa viaxe non a realizamos físicamente, o noso espíritu sobrevoou o Monte Everest e soubemos do chamado mal de altura, visitamos Lhasa, subimos ao Potala, escoitamos as fermosas cancións dos traballadores e traballadoras durante a súa longa xornada laboral. Coñecemos aos monxes do Mosteiro de Drepung, vimos rezar aos fieis ante o Templo de Jokhang e contemplamos os seus cilindros de oración, algúns deles tan grandes que hai que rodealos. Os hai feitos dos máis diversos materiais e nós temos un de oso de yak, un animal moi apreciado neste país.

Coñecemos algunhas das tradicións do pobo tibetán, comprobamos que fan a sega como na Galiza de non hai tantos anos, vimos mulleres fiando, entramos na imprenta dun mosteiro, admiramos os seus libros de oracións e falamos de Mantras, Thangkas, Mandalas...

E que dicir da súa música! Aprendemos a tocar un cuenco tibetán e escoitamos unha marabillosa canción típica cantada por un rapaz cunha fermosísima voz.

E xa para rematar aprendemos a poñernos un sari, o noso non é vermello porque eses son para as mulleres casadas e nós aínda somo moi novos... Non diredes que mentimos cando vos dixemos que a tarde dera ben de si, no? Pois isto aínda non rematou, na próxima xuntanza seguiremos falando do Tibet, un pobo marabilloso que nos ten roubado o corazón.

luns, 30 de marzo de 2009

El Asombroso Viaje de Pomponio Flato

Eduardo Mendoza
Seix Barral

No século I da nosa era, Pomponio Flato viaxa polos confíns do Imperio romano en busca dunhas augas de efectos portentosos. O azar e a precariedade da súa fortuna lévano a Nazaret, onde vai ser executado o carpinteiro do pobo, convicto do brutal asasinato dun rico cidadán. Moi ao seu pesar, Pomponio vese inmerso na solución do crime, contratado polo máis extraordinario dos clientes; o fillo do carpinteiro, un neno candoroso e singular, convencido da inocencia do seu pai, home en apariencia pacífico e taciturno, que agocha, sen embargo, un grande segredo.

Cruce de novela histórica, novela policiaca,
haxiografía e parodia de todas elas, "El asombroso viaje de Pomponio Flato" é a obra máis insólita e inesperada de Eduardo Mendoza, e tamén unha das máis ferozmente divertidas.

Outro dos títulos que o Club de Lectura O Segrel vai compartir co Club de Lectura Ars Legendi. Esta está a ser unha fermosa experiencia de lecturas compartidas!!