. . . . . . . . ."Os libros aprendéronme a pensar, e o pensamento fíxome libre" Ricardo de León
domingo, 28 de xuño de 2020
Lecturas confinadas
martes, 11 de xuño de 2019
Despedida dos Clubs da Rapazada

luns, 12 de outubro de 2015
Xa estamos de volta!
mércores, 17 de xuño de 2015
martes, 16 de xuño de 2015
martes, 28 de outubro de 2014
Presentación Clubs Lectura
luns, 13 de outubro de 2014
Os Clubs de Lectura do Segrel botan a andar!!
Este curso, debido á grande demanda, temos apuntados 50 rapaces e rapazas dun total de 78 matriculados nestes dous cursos, decidiuse, para facilitar os encontros, que as reunións non fosen conxuntas polo que nos foi imposible ofertalo ao resto da ESO, dada imposibilidade de atendelos.
Canto o sentimos!
Os títulos elixidos este curso son:
- Sierra i Fabra, Jordi “El asesinado del profesor de matemáticas”
- Docampo, Xabier “Cando petan na porta pola noite”
- Cimadevilla, Fernando “O ladrón de soños (O mundo secreto de Basilius Hoffman I)”
- Castro, Carlos de “La casa de la linterna”
- Gleitzman, Morris “Una vez”
- Gómez Cerdá, Francisco “Eskoria”
- Gallego, Laura “Las hijas de Tara”
- Silei, F, Quarello M. “El autobús de Rosa”
- Pratt, Hugo “Corto Maltés”
- Guarnido, J., Díaz Canales, J “Blacksad”
- Dorison, X, Lauffray, M. “Long John Silver”
- Tomás, Xosé “Nomades”
- Brami, E; Jeunet B. “Sálvate Elías “
- Innoccenti, R; Vander Zee, R. “A historia de Erika”
- Roca, Paco “Arrugas”
- Innoccenti, Roberto “Rosa Blanca“
- Satrapi, Marjane “Persépolis"
- Feijoo, Pedro “A memoria da choiva”
- Grandes, Almudena "Las tres bodas de Manolita"
- Belli, Gioconda "El país de las mujeres"
- Camilleri, Andrea "El beso de la sirena"
- Fernández Paz, Agustín “A viaxe de Gagarin”
- Hosseini, Khaled "Y las montañas hablaron"
- Navarro, Julia "La Biblia de barro"
- Garrido, Vicente; Nieves Abarca "Crímenes exquisitos"
- See, Lisa "El abanico de seda"
- Redondo, Dolores "O gardián invisible"
Esperámosvos!!
venres, 20 de xuño de 2014
Despedida Clubs de Lectura O Segrel
O pasado martes, 17 de xuño, celebramos a despedida dos clubs de lectura da rapazada. Unha comida ao ar libre, nun fermoso día máis de verán que de primaveira, e logo risas e música, o que nos permitiu descubrir a unha prometedora pianista, Uxía, de 1º de ESO. Un verdadeiro placer escoitala!!
A comida rematou cun fermoso agasallo que nunca deixará de sorprenderme e emocionarme. Nesta ocasión foi un marabilloso libro de poemas "Remontar o río" asinado pola súa autora, Helena Villar Janeiro. a quen admiramos fondamente. Todo un luxo!A pena foi que en ningunha das dúas celebracións estiveron todos os membros do club, o vindeiro curso haberá que elixir mellor a data...
martes, 17 de xuño de 2014
martes, 11 de xuño de 2013
"Cine Palomitas" La Caja de Música
Director: Costa GavrasMúsica: Philippe Sarde
A historia de Ann unha avogada que no transcurso dun controvertido xuizo, irá descubrindo a verdadeira personalidade do seu pai, moi similar á historia de Ana, a filla do xeneral Ratko Mladic, na que se basa a novela de Clara Usón.
Se queredes ler a crónica da xuntanza...
venres, 15 de xuño de 2012
Comida Despedida Club de Lectura
domingo, 2 de outubro de 2011
Rosa Aneiros ou O Eloxio dos Clubs de Lectura
"Escoitaron vostedes falar algunha vez dos Morcegos de Canido? Dos Pantasmas de papel de Neda? Do Sansaliber de San Sadurniño? Do Segrel de Fene? Dos siareiros de Sofía ou de Saturnino Hermida? Saben vostedes de que lles falo? Fálolles da gran revolución silenciosa que está a sacudir dende hai uns anos as bibliotecas públicas de Galicia, tanto as dos centros de ensino como aquelas municipais. Falo dos clubs de lectura. Quen se interesa polos libros, dirán? Se á xente nova non lles gusta ler, pertencen á xeración nin-nin que nin estudan nin traballan nin unha cousa nin todo o contrario, esa xuventude tan formada e tan analfabeta para os libros... Trabúcanse. Nunca tanto se leu coma hoxe en día. Nunca houbo adolescentes con tanto acceso nin tanta implicación coa lectura. Actualmente están funcionando douscentos clubs de lectura en centros de secundaria en Galicia. Estes clubs acollen tanto a alumnado como a pais e nais que participan do coloquio, que comparten a extraordinaria experiencia lectora. Ademais destes douscentos centros están aqueles vinculados a bibliotecas municipais, tamén as que nacen ao abeiro dos centros de primaria. Só nos institutos hai en Galicia máis de cinco mil persoas que semana a semana partillan libros. Cinco mil. Pais, nais, alumnado que se enredan, que aman e odian, que medran, que coñecen a partir das páxinas dos libros.
Non se conforman. Sempre queren máis..."Este é un estracto do pregón co que Rosa Aneiros inaugurou a Feira do Libro de Ferrol o pasado mes de Abril.
E que mellor xeito de comezar a nosa andaina lectora que lembrando as palabras desta extraordinaria escritora con quen tivemos a fortuna de celebrar un dos fins de festa dos Clubs do Segrel
Non deixedes de disfrutar coa lectura deste marabilloso pregón!!
mércores, 29 de xuño de 2011
Despedida do Club de lectura
Despedida na que non faltou un pequeno agasallo para cada un deles; un bolsa da Biblioteca “O Segrel do Penedo", Caderno de notas do Club de Lectura, un bolígrafo “O Segrel do Penedo” e un Marcapáxinas. E, como xa é tradicional, os “deberes” para o vindeiro curso. Que non queremos que este verán abandonen unha das súas paixóns...
Os títulos elixidos son, na súa maioría, algún dos nosos clásicos que ninguén debería perderse:
· Neira Vilas, Xosé: Memorias dun neno labrego
· Dieste, Rafael : Dos arquivos do trasno
· Martín, Paco : Das cousas de Ramón Lamote
· Rosnay, Tatiana de : La llave de Sarah
· Roger, Marie Sabine : Tardes con Margueritte
· García Márquez, Gabriel: Cien años de soledad
· Méndez Ferrín, Xosé Luis: Arraianos
· Blanco Amor, Eduardo: A esmorga
· Cunqueiro, Álvaro: Merlín e familia
· Rivas, Manuel : Todo é Silencio
· Navarro, Julia : Dime quien soy
· Castelao: Cousas
· Casares, Carlos : Ilustrísima
Cada un dos membros do club levou tres títulos que o 27 de xullo, ás 12 da mañá, en O Segrel, e arredor dun bo café, intercambiaremos, co fin de que cando chegue o primeiro trimestre do curso todos teñamos lidos tres ou catro deses títulos. Un xeito de seguir, aínda que na distancia, compartindo lecturas no verán que poñeremos en común no inverno.
A comida rematou cun fermoso agasallo, que nunca deixa de emocionarnos. Nesta ocasión foi un precioso ramo de flores e un marabilloso caderno de notas que xa estrearon cunhas fermosísimas e agarimosas dedicatorias.
Graciñas por permitirme seguir aprendendo e compartindo unha das miñas paixóns con todas e todos vós. Ata o 27 !!
luns, 6 de xuño de 2011
Encontro con Carlos de Castro e Marina Castro
Hoxe celebramos, como ven sendo habitual, unha reunión conxunta dos clubs de lectura. É o noso xeito de despedir o curso, e que mellor que celebrando un Encontro cun escritor, neste caso o noso invitado foi Carlos de Castro, autor de "Dende O Segrel o noso agradecemento a Carlos, Marina e Begoña, por facer posible este encontro inesquecible.
venres, 8 de outubro de 2010
venres, 25 de xuño de 2010
Despedida do Club de Lectura
- Ollos de auga
- A praia dos afogados
- A elegancia do ourizo
- Xuntos e máis nada
- Settecento
- El frío modifica la trayectoria de los peces
- Mantis
- El tiempo entre costuras
Grazas a tod@s por "dar vida" ao noso club de lectura.
Esperámosvos en outubro cos deberes feitos.
Ah, e lembrade que o 2 de agosto temos unha cita en O Segrel, que o verán é moi longo e non queremos botarvos moito en falta... Así que xa sabedes, ás 12.00 da mañá do luns día 2, teremos o café preparado.
martes, 15 de xuño de 2010
Xornada Clubs de Lectura
O pasado venres asistimos á Xornada dos Clubs de Lectura celebradas en Santiago, e se só puidésemos utilizar unha palabra para describila esta sería "extraordinaria".Extraordinaria a xuntanza da tarde do xoves con Cristina e Pilar e as coordinadoras de zonas, e a cena posterior. Ali coñecemos a Ana Tato de Viveiro e Chus Juanatey de Santiago e nos reencontramos con Carmen Suárez de Cambre. Extraordinarias!!
Extraordinaria Ana Mª Margallo quen na mañá do venres nos falou de "Fomento da Lectura" e de "Educación Literaria", de "lectura e xóvenes"
Extraordinaria a xuntanza dos coordinadores e coordinadoras dos Clubs de Lectura da zona de Ferrol onde estiveron con nós Gabriela e Ánxela, asesoras do CFR de Ferrol
Extraordianria a mesa de debate con Pedro Lamas de Caldas, "iESCALDaletras", Luís Gómez de Rois, "As Pintoras Daltónicas", Almudena Platero de Ourense, "As catro esquinas do quinto" e Xosé Manuel Eyré de Monforte.
Extraordinario Benjamín Prado que fixo unha fermosísima loubanza da figura do mediador nas persoas de Rafael Alberti, de Ángel González e do seu admiradísimo profesor Fernando Borlán, -grazas Pilar por ese oportuno exemplar de "Ecuador" que nos permitiu escoitar na súa voz o poema "Días de lluvia"-
Extraordinario "Uxío Novoneyra" fillo que pechou a xornada do mellor xeito posible, lendo poemas do gran Novoneyra (Axiña o teredes en Radio Barullo)
Xa o dixemos, sempre pensamos que é imposible superar o listón que marcan as organizadoras destas xornadas, pero elas, ano tras ano, nos sacan do noso erro.
Velaí tedes o programa, os materiais (entrade como convidados) e unha pequena reportaxe gráfica.
xoves, 10 de xuño de 2010
Rosa Aneiros cos Clubs de Lectura do Segrel
O luns día 7 de xuño celebramos o fin de festa dos clubs de lectura do Segrel cun fantástico encontro con Rosa Aneiros.Cando, hai xa tres anos, comentamos a nosa idea de facer unha reunión conxunta cun autor, naquela ocasión foi con Fran Alonso, e os membros dos clubs de lectura de alumnado e o de pais, nais e profes, houbo algún compañeiro que nos amosou as súas reticencias porque, segundo parecía, aos 15 e 16 anos non nos gusta estar cos nosos pais e nais neste tipo de actividades, que a rapazada non disfrutaría...
Que equivocados estaban os que así falaban! A experiencia non pode ser mellor nen máis positiva. En todas as ocasións son eles, os mozos e mozas, os que piden que se volvan a repetir estas xuntanzas conxuntas.
O encontro con Rosa Aneiros foi inesquecible. Comezaron Jose, un pai, e Laura, alumna, facendo unha estupenda presentación de Rosa. Laura fixo unha breve reseña biográfica e Jose falou do que para el supuxo a lectura de "Sol de inverno". E a partir de aí, e durante máis de tres horas falamos de libros, de lectura, do proceso que se segue para escribir un libro, falamos de "Inverno", analizamos a numeración dos capítulos de "Ás de bolboreta", que era algo que intrigaba moito a algún dos nosos rapaces,... e, por suposto, coñecemos unha miaxiña máis a esta extraordinaria escritora e mellor persona, e así soubemos que...:
"Cando máis aprendo dos libros é cando os comparto"
"Cando remato unha novela os personaxes deixan de ser meus"
"A min o que me dá para escribir historias é vivir"
E non podíamos, nin queríamos esquecer o que opinan sobre Rosa Aneiros e esta experiencia conxunta algúns dos asistentes:
Pais, nais e profesorado:
Con Rosa Aneiros foi fantástico, gozoso e fabuloso. Levou con tanta naturalidade a timideza d@s que alí estabamos para iniciar as preguntas, con tanta prestancia as preguntas d@s rapaces e rapazas, facéndolles atopar por si mesm@s as respostas ao que preguntaban, foi tan sincera nas respostas, que por un intre, escoitándoa falar dos seus personaxes, do seu padriño, das súas primeiras experiencias na escola de Valdoviño, pasoume polo maxín que a Biblioteca do IES se transformara e alí estabamos tod@s, sentad@s polo chan, nas alfombras, nos sofás, tomándonos uns cafés (cacao para menores non acompañad@s), nunha charla de xente que se coñece de hai moito tempo.
O sorriso constante, a naturalidade, as respostas concretas, claras, a falta de présa dunha persoa que non vive disto, que ao día seguinte tería que erguerse cedo para acudir ao seu traballo, o humor... Non sei se se nota que quedei prendada desta persona, porque da escritora xa estaba. Que é desa xente de quen podes decir sen medo a errar que ten calidade humana. E tamén "calidez". Cando vai volver???"
Maribel Serantes
"Pasoume o mesmo que con Agustín, se non tivera lido nada dela iría rápidamente a mercar algúnha das súas novelas. Encantoume!"
"A actividade levada a cabo no club de lectura gustoume moito porque gracias a Rosa Aneiros todos os compoñentes do Club (nen@s e adultos) aprendimos algo máis desta marabillosa escritora e dos seus libros e tamén dos mellores escritores Galegos"
Ademais estivemos xuntos rapaces e adultos!"
Axiña a reportaxe en Radio Barullo e na canle de You Tube do Segrel.
luns, 8 de marzo de 2010
O Club do Segrel Lendo Mulleres
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende "O Segrel do Penedo" quixemos poñer o noso gran de area nesta tarefa común de facer deste un mundo mellor e máis xusto para tod@s.
(1) Actualización 12/03/10
"A cidade asulagada": Tradicional (Arranxos de Bieito Romero)
"O valse do vello fidalgo": Xosé Lois Romero Cajigal
"O Valse de Arousa": Tradicional (Arranxos de Rodrigo Romani)
"Escenas medievales": Tito Marcos










