domingo, 7 de marzo de 2010

Sol de Inverno

Rosa Aneiros

Xerais (2009)

Sol de Inverno a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009 , é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes.

Para o xurado do Premio Xerais 2009 «Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.»

Non deixedes de disfrutar do emocionante discurso que o noso admirado Agustín Fernández Paz pronunciou nos XXVI Premios Xerais na Illa de San Simón (Redondela)

"Oito doas para San Simón" en
Radio Barullo


O Segrel do Penedo
Pequena reportaxe en O Segrel da Presentación de "Sol de Inverno" na Galería Sargadelos de Ferrol.
"O 7 de Xuño os membros dos dous Clubs de Lectura de O Segrel celebraremos un Encontro con Rosa Aneiros. Fantástico fin de curso!!"

3 comentarios:

Maribel dijo...

Unha historia cun extrano comezo, cunha fermosa prosa as veces mesmo lírica, que vai debullando a vida de Inverno dende a súa adolescencia ata a vellez. Unha guerra, un exilio, unha morea de personaxes, algúns verdadeiramente entrañabeis dende a aldeíña á beira do mar (que tanto me recorda a S.Andrés de Teixido, Herbeira...) ata unha Cuba aínda recoñecíbel. A mestura da "normalidade" co extraño, dalle un ritmo diferente. Anque nalgún párrafo resultoume demasiado...forzado?(ese longo "diálogo" da avóa co seu home no ceminterio, no que fai un repaso, referencia, de toda a historia do seu pobo e raza)

Rosi Rivera dijo...

Estou dacordo con Maribel en que ten partes intensas de máis;paréceme estar nunha viaxe perpétua cós personaxes,coñecendo xente,recoñecendo lugares e medrando có paso dos anos.Imaxino que Cuba será moi recoñecible para quen estivera alí,porque eu non estiven e a descripción parecía moi real.

3-4 anos dijo...

A min encantoume...