Amosando publicacións coa etiqueta Autobiografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autobiografía. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de decembro de 2018

Prohibido Nacer


Blackie Books (2017)


As vivencias de Trevor Noah na súa Sudáfrica natal durante e despois do apartheid. Non é so un perturbador relato do que supoñía crecer en Sudáfrica durante o apartheid, senón unha carta de amor á extraordinaria nai do autor que abrangue dende o seu nacemento ata que se emancipa do fogar familiar.


O autor ofrece unha serie de agudas instantáneas da existencia no asentamento de Soweto, onde vivía a súa aboa materna. Alí, lembra, o 99.9% da poboación era negra, e a súa pel clara convertíao nunha curiosidade para a veciñanza.

Tamén lembra que “o asentamento estaba en permanente estado de insurrección. Sempre había alguén manifestándose ou protestando en algures, e había que reprimilo. Mentres xogada na casa da miña aboa, oía os tiros, os berros, como disparaban gas lacrimóxeno contra a multitude”



 

martes, 6 de novembro de 2018

Cuando Hitler Robó el Conejo Rosa

Judith Kerr

Alfaguara (2007)


A chegada de Hitler ao poder vai cambiar radicalmente a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deberán abandonar o seu país e deixar moitas cousas queridas, como o seu coello de peluche. Con el tamén se quedará a súa infancia.
 
Interviews

The Guardian

The New York Times

BBC Newsnight

venres, 8 de xuño de 2018

El Chico de las Estrellas

Chris Pueyo


Destino (2015)

Érase un neno que nunca viviu máis de dous anos seguidos na mesma casa, así que decidiu pintar as paredes de todas as súas habitacións con estrelas. O seu rexeitamento ao colexio e unha familia inusual empurrarano a emprender unha viaxe onde non todo serán constelacións e pedirlle desexos á lúa. É hora de baixar ao barro, equivocarse cunha princesa e terminar encontrando un príncipe... ou non?

As súas ansias de liberdade, tres antídotos de supervivencia e unhas botas prateadas acompañarano por un mundo morto onde os soños chegan descalzos e despeiteados a Ningunha Parte.



domingo, 25 de marzo de 2018

Estupor y Temblores

https://elpais.com/diario/2009/03/01/eps/1235892412_850215.htmlAmélie Nothomb

Anagrama (1999)

Novela de inspiración autobriográfica que conta a historia dunha moza belga que comeza a traballar en Tokio nunha gran compañía xaponesa. Pero no Xapón actual, fortemente xerarquizado, a rapaza ten o lastre dun dobre hándicap: é occidental e muller, o que a converterá en branco dunha cascada de humillacións e dunha progresiva degradación laboral que a levará a apasar da contabilidade a servir cafés, ocuparse da fotocopiadora e finalmente encargarse da limpeza dos lavabos masculinos.








sábado, 10 de xuño de 2017

El Cuaderno Dorado


DeBolsillo (2014)

Anna Wulf é unha novelista a nai divorciada que padece estancamento creativo. Para fuxir da desesperación que a invade comeza a anotar as súas vivencias en catro cadernos de cores: "un caderno negro, no que está Anna Wulf, a escritora; un caderno vermello, dedicado á política; un amarelo, no que escribo historias que proceden da miña experiencia, e un caderno azul que intenta ser un diario". Pero a súa ambición é xuntar todos os cabos soltos da súa historia nun quinto cadernos, o dourado, co que desexa atopar o camiño cara a recuperación.

Premio Príncipe de Asturias (2001)

Premio Nobel de Literatura (2007)

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Mi pie izquierdo

Director: Jim Sheridan

Guión: Shane Coonaughton e Jim Sheridan

Baseada na novela de Christy Brown (1932 - 1981).

Película baseada na autobiografía de Christy Brown, un artista multidisciplinar irlandés aqueixado de parálise cerebral, cuxa tenacidade botou por terra as barreiras que impedían a súa integración na sociedade converténdose nun consumado pintor e escritor. 

Esta película, basada en feitos reais, é un conmovedor exemplo de superación e loita por acadar as metas persoais. 

Un canto á vida premiado en numerosos festivais e gañador de dous premios Óscar, ao mellor actor a Daniel Day-Lewis e á mellor actriz secundaria a Brenda Fricker.


venres, 18 de xaneiro de 2013

Persépolis

Marjane Satrapi


Norma Editorial

Persépolis é a autobiografía de Marjane Satrapi, unha muller iraní nacida en Teherán en 1969 no seo dunha familia progresista. Pero, ademais do retrato da vida da autora, tamén é o reflexo da revolución iraní de 1979 que deu lugar a un goberno islámico e de cómo o viviron as familias do país.

Dende o inicio, coa introdución do velo na vida social e a separación por sexos nas escolas, ata a vida universitarias e as revoltas estudantís. Satrapi fai un repaso á súa vida que se remonta aos seus antepasados, axudándonos a entender as motivacións históricas da revolución islámica,  amosándonos á vez unha opinión crítica co goberno.