Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos dos Nenos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos dos Nenos. Amosar todas as publicacións

luns, 7 de marzo de 2016

Buda Explotó por Vergüenza

Dirección: Hana Makhmalbaf


Baixo a estatua de Buda que destruíron os talibanes aínda viven miles de familias. Baktay,unha nena afgana de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños, que le os alfabetos fronte á súa cova. O problema inicial é que Baktay non ten caderno nin lápiz. Para o caderno debe buscarse a vida, como lápiz, decide levar o pintalabios da súa nai, o que provoca que uns nenos, que xogan a ser talibanes, decidan apedreala. Os nenos da aldea xogan á guerra con ramas que fan pasar por fusiles e cometas que representan cazas de combate. Pero non todo é de pega: neste xogo, as pedras son de verdade. Cando atrapan a Baktay, xa teñen a outras tres nenas encerradas nunha cova. Os motivos para retelas varían entre que opinan que unha nena non debería ir á escola ou que as pequenas teñen ollos demasiado bonitos. Reflicten a sociedade violenta na que viven os seus maiores.

luns, 24 de xaneiro de 2011

Where Children Sleep

James Mollison



Chris Boot (2009)



"Onde durmen @s nen@s" presenta as fotografías de 112 habitacións de outros tantos rapaces e rapazas que James Mollison sacou en 16 países incluidos os Estados Unidos, México, Brasil, Reino Unido, Italia, Kenia, Senegal, Xapón, China e Nepal, cada unha delas acompañada dun retrato de cada un dos protagonistas acompañados dun texto onde se fai unha pequena descrición das súas condicións de vida.



O obxectivo desta obra non é outro que o de chamar a atención dos lectores sobre as condicións de vida destes rapaces, na súa diversidade, e nas circunstancias sociais que hoxe en día afectan aos nenos e nenas do mundo.



O proxecto comezou cando o centro de investigación de Benetton lle pediu ao fotógrafo unha idea para amosar e comprometer ás persoas cos dereitos d@s nen@s e Mollison pensou na importancia que para el tivera de neno o seu dormitorio.



Un libro dirixido a lector@s de todas as idades dispoñible na rede "Where Children Sleep"



"Espero que este libro axude aos xóvenes a pensar nas desigualdades existentes entre as sociedades do mundo [...] e quizais comezar a entender de que xeito poderían actuar"

James Mollison