Amosando publicacións coa etiqueta Acoso escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acoso escolar. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de febreiro de 2020

La lección de August

Palacio, R. J.

Nube de Tinta. 2012


A súa cara faino diferente e el so quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza baixa e o flequillo tratando de esconder a súa faciana, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, susurros afogados e cobadazos de abraio. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, a compaña da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias de A guerra das galaxias.

Este ano todo vai cambiar, porque este ano vai ir, por vez primeira, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: crecer na adversidade, aceptarse tal e como é, sorrir nos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.


Máis títulos da autora

Trailer da película


martes, 21 de xaneiro de 2020

Las ventajas de ser un marginado

Stephen Chbosky

Alfaguara, 2019


Charlie, ten 15 anos e queda so tralo suicidio do seu mellor amigo. Vive con seus pais, a súa popular e fermosa irmá e un irmán maior que é unha estrela do fútbol americano e que está a punto de comezar a universidade. O seu profesor de lingua está convencido de que Charlie posúe unha grande capacidade intelectual.
Despois de coñecer a Sam e Patrick comeza a comprender o que é ser un adolescente e comeza unha viaxe cara á madurez que o leva a percorrer camiños novos e inesperados. Con eles descubre nova música, empeza a beber, fumar e coquetear coas drogas, cambia de amigos...
Ata que se converte nun xoven de verdade!

martes, 19 de novembro de 2019

Eskoria

Alfredo Gómez Cerdá


Ed. SM. 2006

Diego non se sinte distinto dos seus compañeiros de instituto, aínda que non lle gusten as mesmas cousas que a eles. Por iso non entende que algúns non o deixen en paz e que comezara a recibir todo tipo de ameazas. A súa mente lúcida trata de comprender os motivos do acoso ao que o someten, pero é imposible. Sinte que lle están empurrando cara un pozo sen fondo.

Biografía do autor

martes, 12 de marzo de 2019

O que Sei do Silencio


Xerais (2018)

«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio». 

"O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.


Entrevistas á Autora