Amosando publicacións coa etiqueta Banda Deseñada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Banda Deseñada. Amosar todas as publicacións

domingo, 31 de maio de 2015

Arrugas

Paco Roca

Astiberri (2007)

Emilio, un antigo executivo bancario, é internado nunha residencia de anciás pola súa familia tras sufrir unha nova crise de Alzheimer. Alí, aprende a convivir cos seus novos compañeiros - cada quen cun cadro "clínico" e un carácter ben distinto- e os coidadores que os atenden. Emilio internarse nunha rutina cotiá de cadencia morosa con horarios prefixados - a toma dos medicamentos, a sesta, as comidas, a ximnasia, a volta á cama...- e nun pulso coa enfermidade para intentar manter a memoria e evitar ser trasladado á derradeira planta, a dos impedidos, conta coa axuda de Miguel, o seu compañeiro de habitación... Paco Roca aborda en Arrugas temas delicados, ata agora escasamente tratados en historieta, como son o Alzheimer e a demencia senil. E faino dun xeito intimista e sensible, con algúns apuntes de humor pero sen caer en ningún momento na caricatura. 

Premio Nacional do Cómic 2008.

A adaptación cinematográfica de Arrugas, dirixida por Ignacio Ferreras foi gañadora dos premios Goya 2012 á mellor película de animación e ao mellor guión adaptado.

luns, 16 de marzo de 2015

Banda Deseñada e Novela Gráfica!!

Este curso, o Club de lectura de alumnado de 2º e 4º de ESO, dedicámonos a ler Banda Deseñana e Novela Gráfica, o que nos dou bastantes quebradeiros de cabeza para facernos cun exemplar para cada un, xa que somos 20 e, dado o seu elevado custo, non podemos mercar máis dun exemplar para o centro. Pero botamos man dalgún centro amigo e sobre todo da  BPM de Fene, que dispón dun bo fondo. A todos eles agradecerlles a súa extraordinaria colaboración.

Na anterior xuntanza deste grupo, fixemos algo que non é habitual, pero debido ao que vimos de expoñer e a que se organizou un encontro co noso admirado David Rubín, decidimos que nesta ocasión cada un de nós levara un título distinto a escoller entre o noso fondo de cómic, que é bastante bo, e cada quen comentara os títulos elixidos nas próximas xuntanzas. 

domingo, 22 de febreiro de 2015

David Rubín - Monográfico

Nesta ocasión, a reunión do club de lectura da rapazada dedicado ao cómic desenvolverase dun xeito diferente. Será un monográfico dedicado á obra de David Rubín un dos grandes debuxantes do noso país e con quen teremos o pracer de gozar dun encontro o vindeiro xoves 26, do que, por suposto, daremos cumprida conta.


Aurora West:
Trátase dunha precuela da exitosa serie Battling Boy (DeBolsillo), de Pope, centrada na moza Aurora West, filla do máis grande heroe da cidade de Arcopolis, Haggard West, e de como se convertirá nunha heroina.

Unha compilación de historias publicada anteriormente en 2VB e redibuxadas para esta ocasión. "La tetería del oso malayo" é un lugar rexentado por Sigfrido onde personaxes de todo tipo aparecen coa escusa de tomar algo e acaban explicando as súas amarguras, os seus problemas, choros ou rabias. Un punto de partida que da pé a todo tipo de historias e permite a Rubín explorar moitas situacións, personaxes e, incluso xéneros.

Un guerreiro a compañado polos seus homes chega a un reino danés para dar fin a un monstro que leva doce anos asolándoo. Unha vez feito esto, acaba coa nai do monstro. Cincoenta anos despois, sendo xa rei do seu propio reino, ten que enfrontarse na súa bataia final a un dragón que arrasa as súas terras.

O heroe é un cómic que adapta moi libremente o mito dos doce traballos de Heracles (o Hércules, segundo a versión romana), situando a acción nunha época fantástica indeterminada, que mestura pasado con presente e elementos de ciencia-fición, pasado por un mesturador pop que toma elementos dos superheroes e do manga. 
Neste cómic Heracles é o fillo bastardo de Zeus, un heroe que axuda ao próximo e ao longo dos anos é sometido a unha serie de retos que porán a proba as súas capacidades. Durante a historia veremos medrar a Heracles e co paso dos anos irase dando de conta das responsabilidades que conleva a condición de heroe.

Galardoada co primeiro premio de banda deseñada Castelao da Deputación da Coruña, o autor reflexiona sobre o amor e a tristeza a través do personaxe dun superheroe apoiándose nunha estrutura narrativa moi singular.

Temas como a soidade, a búsca existencial, o amor e a súa perda desenvónvense a través de historias nas que o autor toma prestados superheroes, mitos gregos ou bíbliocos, ou contos infantís, que nas súas máns convértense en relatos íntimos, amargos case sempre, esperanzadores ás veces, historias que nos chegan directamente ao corazón e ás tripas para despois darnos unha patada no cerebro.

Un total de 10 creadores, entre eles David Rubín, embarcáronse da man de Oxfan Intermón e a súa campaña "Sí me importa" nunha viaxe con rumbo a Latinoamérica, África e Asia. Este grupo creativo fixo as súas maletas para coñecer de preto as historias de vida de persoas que, co apoio da cooperación española, loitan por cambias as súas vidas e as das súas comunidades.
Un percorrido en viñetas por esa outra parte do mundo - Colombia, Marrocos, Nicaragua, Repúbrica Dominicana, Filipinas, Mauritania e Burundi - que confirma que a cooperación ao desenvolvemento funciona, cambia e salva vidas.

xoves, 15 de xaneiro de 2015

Long John Silver

Xavier Dorison

Mathieu Lauffray

Norman Editorial

"Non volvemos a saber de Silver" escribía Robert Louis Stevenson. Pero, e se as aventuras do pirata con pata de pau máis famoso da literatura continuaran?

Baixo esta premisa, o espectacular tándem formado por Xavier Dorison e Matthieu Lauffray asina esta homenaxe á literatura de aventuras e ao xénero de piratas. Unha aventura que levará novamente a Silver a embarcarse xunto a novos personaxes, entre eles a atractiva e intrigante muller dun lord inglés, en busca do máis mítico dos tesouros... o lexendario Dourado.

Sangue, pelexas, vinganza e ron acompañarán ao lector nestes catro espectaculares tomos de Long John  Silver.



domingo, 14 de decembro de 2014

Blacksad 1, 2, 3, 4 e 5



Norma Editorial 

Xénero policiaco con animais antropomórficos nun ambiente de serie negra que Juanjo Guarnido ilustra maxistralmente. 

Blacksad 1: Un lugar entre las sombras (2000)
Neste primeiro álbum, o detective privado John Blacksad investigará o asasinato de Natalia Wilford, unha actriz coa que mantivera unha relación sentimental no pasado. 

Blacksad 2: Artic - Nation (2003) 
A historia sitúase, nos momentos previos á caza de bruxas do Macarthismo, nun barrio degradado, no que dúas comunidades vense enfrontadas pola cor da pel dos seus habitantes. O secuestro dunha nena será o detonador e desatará os instintos máis primarios. Racismo, violencia, vinganza, intriga e misterio son algúns dos ingredientes deste novo thriller, un confuso quebracabezas que so Blacksad pode resolver. 

Blacksad 3: Alma roja (2005) 
Os tempos están mudando, as grandes potencias mundiales centran as súas investigacións na carreira nuclear e o medo ao comunismo é, nos EEUU, unha realidade cada vez máis patente. Blacksad, nesta ocasión reciclado a gardacostas, verase metido nunha intriga política de alcance internacional, cando se reencontra cun antigo profesor, agora toda unha eminencia no campo da enerxía atómica, e a súa axudante, a fermosa escritora Alma Maher. 

Blacksad 4: El infierno, el silencio (2010) 
Nova Orleans, a cuna do Jazz, disponse a celebra o seu Entroido. A cor e a música enchen as súas pintorescas rúas durante o Mardi Gras. Pero a calurosa cidade de Luisiana tamén ten un lado escuro. Inmerso nun sórdido ambiente de droga, vodú e baixas paixóns, o noso detective ten que atopar ao célebre pianista Sebastian "Littel Hand" Fletcher antes do amañecer. A noite vai ser larga para Blacksad...

Blacksad 5: Amarillo (2013)
John Blacksad está canso de tanta violencia e miseria ao seu arredor, así que decide tomarse un tempo antes de volver á casa. A sorte parece sorrirlle cando un descoñecido o contrata para levar o seu coche, un flamante Cadillac modelo Eldorado, dende Nova Orleáns ata Tulsa. Pero as rúas do sur son tan poeirento como imprevisibles e sen querelo, verase obrigado a atravesar os Estados Unidos de punta a punta para resolver un asasinato. Unha apaixónate aventura pola que desfilarán moteiros, avogados, escritores malditos e ata artistas de circo.

domingo, 16 de novembro de 2014

Corto Maltés

Hugo Pratt

Corto Maltés, un personaxe de culto dentro da novela gráfica europea, un viaxeiro, un navegante creado por Hugo Pratt en 1967.

Corto é un anti heroe que prefire a súa liberdade ao diñeiro. Un moderno Ulises que nos leva de viaxe por algúns dos lugares máis fascinantes do mundo.

Corto Maltés naceu en 1887, fillo dun marino británico e dunha xitana "La niña de Gibraltar". As súas aventuras comezan en "A balada do mar salgado" onde o Maltés e recollido da auga polo seu amigo Rasputín. Nesta aventura nos da unha pequena pista das súas orixes.


Canales y Pellejero resucitan a "Corto Maltés"

Corto Maltés, El futuro de la aventura

Corto Maltese.com

venres, 24 de maio de 2013

Cómics !!


Este curso, o Club de lectura de alumnado de 3º e 4º de ESO, dedicámonos a ler cómic e novela gráfica. o BM de Fene e a BM de Redondela, que dispoñen dun bo fondo. A todos eles agradecerlles a súa extraordinaria colaboración.
que nos dou bastantes quebradeiros de cabeza para facernos cun exemplar para cada un, xa que somos 20 e, dado o elevado custo destes exemplares, non podemos mercar máis dun exemplar para o centro. Pero botamos man dalgún centro amigo e sobre todo da 

Na anterior xuntanza deste grupo, fixemos algo que non é habitual, pero debido ao que vimos de expoñer decidimos que nesta ocasión cada un de nós levara un título distinto a escoller entre o noso fondo de cómic que é bastante bo e cada quen comentara a súa opinión nas dúas últimas xuntanzas. 



O vindeiro martes comenzan os encontros, xa veremos cales son os favoritos!!

venres, 12 de abril de 2013

Maus

Art Spiegelman

Random House Mondadori


Maus é a biografía de Vladek Spiegerman, un xudeo polaco supervivinte dos campos de exterminio nazi, contada polo seu fillo Art, un debuxande de cómics que quere deixar memoria da aterradora persecución que sufriron millóns de persoas na Europa sometida a Hitler e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores.


Art Spiegerman aproxímase ao tema do Holocausto dun xeito absolutamente renovador, e para elo relata a experiencia da súa propia familia en forma de memoria gráfica, utilizando todos os recursos estilísticos e narrativos tradicionais deste xénero e, á vez, inventando outros novos. A radicalidade narrativa desta obra marcou un antes e un despois no universo da novela gráfica, e por ese motivo obtivo o primeiro e único premio Pulitzer outorgado a un cómic. 

Vía Norma Edicións

Máis información en:                                                          In English:

Guía del Cómic                                                               Teacher's Guide

Tebeosfera                                                                      Study Questions

Guía Didáctica (Catalán)                                                   Reading Questions and Resources


martes, 20 de novembro de 2012

Corto Maltés

Hugo Pratt

Norma

Novela gráfica europea de culto, verdadeira lenda da literatura do século XX.  

Corto Maltés é unha serie de historias de aventuras obra do autor italiano Hugo Pratt protagonizadas polo seu homónimo, un marino antiheroe que prefire a liberdade antes que a súa propia saúde, un moderno Ulises que nos leva de viaxe por todo o mundo. 






luns, 19 de novembro de 2012

A Mansión dos Pampín

Miguelanxo Prado

Proxecto Terra (2007)


Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor. Desenvolvido no marco do Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Un proxecto de cooperación co mundo da educación dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co obxectivo de contribuir a mellorar o coñecemento que a rapazada debe ter da nosa Arquitectura e da nosa Identidade Territorial.

Tivo dúas edicións, comercialmente en castelán, publicada por Norma Editorial, e mais unha edición no orixinal en galego, da Consellería de Política Territorial en colaboración co COAG. O Proxecto Terra levou o premio á mellor iniciativa galega a prol da banda deseñada 2004, que otorgan o Concello de Ourense e a Casa da Xuventude de Ourense. 

 
A mansión dos Pampín

martes, 9 de outubro de 2012

Xa Estamos Aquí !

Comezamos un ano máis, e con este xa van seis, a nosa andaida arredor dos libros e a lectura, e de que xeito...!
Este curso temos tres clubs de lectura, dous formados por alumnado da ESO, cada un deles con 20 rapaces e rapazas, e un de pais e nais que aínda está sen pechar.

O club da rapazada de 1º e 2º de ESO reunirase os primeiros martes de cada mes e velaí tedes a selección de lecturas feita para eles:
“Cando petan na porta pola noite” Xabier Docampo
“O carteiro de Bagdad” Marcos Calveiro
“Os nenos numerados” Juan Farias
“Lúa do Senegal” Agustín Fdez. Paz
“O ladrón de soños” Fco. Cimadevilña
“La evolución de Calpurnia Tate” J. Kelly
“As cousas de Ramón Lamote” Paco Martín
“La fórmula preferida del profesor” Yoko Ogawa 

O club da rapazada de 2º, 3º e 4º de ESO reunirase os terceiros martes de cada mes. Con este grupo nos adentraremos no mundo do Cómic e a Novela Gráfica. Os títulos elixidos son:
"A mansión dos Pampín" Miguelanxo Prado
“ Blacksad” Juan Días Canales e Juanjo Guarnido
“Persépolis” Marjane Satrapi
“Paracuellos” Carlos Giménez
“ Maus” Art Spiegelman
“ Enrugas” Paco Roca
"María y yo” Miguel Gallardo
“ Nómades” Xosé Tomás
“Pillada por ti” Cristina Durán e Miguel Ángel Giner
“ Bone” Jeff Smith
“Magasin General” Régis Loisel e Jean-Louis Tripp

En cuanto ao grupo formado por pais, nais e amig@s do Segrel reunirémonos o 1º e o 3º martes de cada mes. Como podedes ver, con este grupo teremos "sesión doble" mensual. Os títulos xa os temos elixidos dende finais do curso pasado.
“As fronteiras do medo”  Agustín Fdez. Paz
“Ines y la alegría”  Almudena Grandes 
“El lector de Julio Verne” Almudena Grandes 
“Contra el viento” Ángeles Caso 
“Mi hermana vive  sobre la repisa de la chimenea” Annabel Pitcher 
“Morgana en Esmelle” Begoña Caamaño 
“Olive Kitteridge” Elisabeth Strout 
“El bolígrafo de gel verde” Eloy Moreno 
"Mil soles espléndidos" Khaled Hosseini 
“La suma de los días” Isabel Allende 
“Palmeras en la nieve” Luz Gabas 
“Cartas cruzadas” Markus Zusak 
“La sociedad literaria y el pastel de piel de patata” Mary Ann Shaffer

Se queredes seguirnos na rede, so tedes que facer os vosos comentarios ás entradas das distintas sesións de calquera dos noso clubes. Serán moi benvidos!!