domingo, 31 de maio de 2015

Arrugas

Paco Roca

Astiberri (2007)

Emilio, un antigo executivo bancario, é internado nunha residencia de anciás pola súa familia tras sufrir unha nova crise de Alzheimer. Alí, aprende a convivir cos seus novos compañeiros - cada quen cun cadro "clínico" e un carácter ben distinto- e os coidadores que os atenden. Emilio internarse nunha rutina cotiá de cadencia morosa con horarios prefixados - a toma dos medicamentos, a sesta, as comidas, a ximnasia, a volta á cama...- e nun pulso coa enfermidade para intentar manter a memoria e evitar ser trasladado á derradeira planta, a dos impedidos, conta coa axuda de Miguel, o seu compañeiro de habitación... Paco Roca aborda en Arrugas temas delicados, ata agora escasamente tratados en historieta, como son o Alzheimer e a demencia senil. E faino dun xeito intimista e sensible, con algúns apuntes de humor pero sen caer en ningún momento na caricatura. 

Premio Nacional do Cómic 2008.

A adaptación cinematográfica de Arrugas, dirixida por Ignacio Ferreras foi gañadora dos premios Goya 2012 á mellor película de animación e ao mellor guión adaptado.

Ningún comentario: