Salamandra (2005)
Como proba da súa boa estrela, Lirio Blanco, unha tímida nena de sete anos, filla dunha humilde familia de campesiños, será irmandada con Flor de Nieve, que vive nun pobo afastado e é de moi distinta ascendencia familiar. Por medio dunha cerimonia ancestral, ambas convértense en laotong ("o meu outro eu" ou "alma xemelga"), un vínculo que dura toda a vida e que será máis profundo que o matrimonio. Dende o principio, e ao longo doa anos, Lirio Blanco e Flor de Nieve intercambiaranse mensaxes en nu shu escritos nun abano de seda, que as serventas levarán dunha casa á outra. En abanos e panos darán conta do que ninguén coñece; os seus máis íntimos pensamentos e emocións, e grazas a esa vía secreta de comunicación consolaranse das penalidades do matrimonio e a maternidade. O nu shu manteraas unidas, ata que un erro na interpretación dunha das mensaxes ameazará con truncar a súa fonda amizade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario