Amosando publicacións coa etiqueta Francia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Francia. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de abril de 2017

El Ruiseñor

 
Suma (2016)
 
Francia 1939. No tranquilo pobo de Carriveau, Vianne Mauriac despídese do seu home,  Antoine, que debe marchar ao fronte. Ela non cre que os nazis vaian invadir Francia, pero fano. Cando un capitán alemán requisa a casa de Vianne, ela e a súa filla deben convivir co inimigo ou arriscarse a perdelo todo. Sen comida, nin diñeiro, nin esperanza, Vianne vese obrigada a tomar decisións cada vez máis difíciles para sobrevivir.
A irmá de Vianne, Isabelle, é unha moza rebelde de dezaoito anos que busca un propósito para a súa vida con toada a temeraria paixón da xuventude. Mentres miles de parisinos  foxen da cidade ante a inminente chegada dos alemáns, Isabelle atópase con Gäetan, un partisano que cre que os franceses poden loitar contra os nazis dende dentro de Francia. Isabelle enamórase completamente pero, tras sentirse traizoada, decide unirse á Resistencia. Sen pararse nunca para mirar cara atrás, Isabelle arriscará a súa vida unha e outra vez para salvar a outros.
"No amor descobrimos quen queremos ser
Na guerra descobrimos quen somos en realidade"
 
Premio Goodreads Mellor Novela de Fición Histórica.

domingo, 3 de abril de 2011

Settecento

Marcos Calveiro

Xerais (2010)

O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago. É, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. Settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a Marcos Calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.