Suma (2016)
Francia 1939. No tranquilo pobo
de Carriveau, Vianne Mauriac despídese do seu home, Antoine, que debe marchar ao fronte. Ela non
cre que os nazis vaian invadir Francia, pero fano. Cando un capitán alemán
requisa a casa de Vianne, ela e a súa filla deben convivir co inimigo ou
arriscarse a perdelo todo. Sen comida, nin diñeiro, nin esperanza, Vianne vese
obrigada a tomar decisións cada vez máis difíciles para sobrevivir.
A irmá de Vianne,
Isabelle, é unha moza rebelde de dezaoito anos que busca un propósito para a
súa vida con toada a temeraria paixón da xuventude. Mentres miles de
parisinos foxen da cidade ante a
inminente chegada dos alemáns, Isabelle atópase con Gäetan, un partisano que
cre que os franceses poden loitar contra os nazis dende dentro de Francia.
Isabelle enamórase completamente pero, tras sentirse traizoada, decide unirse á
Resistencia. Sen pararse nunca para mirar cara atrás, Isabelle arriscará a súa
vida unha e outra vez para salvar a outros.
"No amor descobrimos quen queremos ser
Na guerra descobrimos quen somos en realidade"
Premio Goodreads Mellor Novela de Fición Histórica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario