Amosando publicacións coa etiqueta Emigración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Emigración. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de xaneiro de 2019

Las Hijas del Capitán


Planeta (2018)


Nova York, 1936. A pequena casa de comidas “El capitán” arranca a súa andaina na rúa catorce, un dos enclaves da colonia española que daquela residía na cidade. A morte accidental do seu dono, Emilio Arena, obriga ás súas fillas mozas a asumir as rendas do negocio mentres nos tribunais se resolve o cobro dunha prometedora indemnización. Abatidas, acosadas pola urxente necesidade de sobrevivir, as temperamentais Victoria, Mona e Luz Arenas abriranse paso entre os rañaceos, compatriotas, adversidades e amores, decididas a converter o seu soño en realidade.

Un tributo ás mulleres que resisten cando os ventos sopran en contra, e unha homenaxe a todos aqueles valentes que viviron a aventura a miúdo épica e case sempre incerta da emigración.




martes, 20 de novembro de 2018

Tierra de Hombres

Inma Chacón

Planeta (2016)


As irmás Elisa e Sabela crecen en Cobas (Ferrol), onde a súa nai, Rosalía, unha leiteira pobre, as cría sen a axuda do seu home. Mateo, que emigrou a América, para iniciar un negocio que nunca concluíu, so lle deixou ao seu irmán Manuel, xordo de nacemento, que coa súa bondade temerosa e sinxela a axuda a sacar ás súas fillas adiante. Cando Rosalía comeza a planear a voda da súa filla Elisa con Eloy, o único bachiller do pobo, non conta con que Sabela tense namorado del e que o guapo mineiro Martín ten outros plans para Elisa.

venres, 8 de marzo de 2013

Lúa do Senegal


Agustín Fernández Paz

Marina Seoane Pascual

Edicións Xerais

Khoedi, nome que significa lúa na súa lingua, é unha nena senegalesa de once anos que ten que abandonar a súa vila do Senegal  e viaxar coa nai e coa irmá pequena ata Vigo, onde o seu pai vive desde hai un tempo. Todo é distinto na nova terra, e o único que ten en común coa que abandonou é a lúa que brilla no ceo polas noites. A nena elixe a Lúa como confidente das súas historias, a ela dirixe as súas intensas reflexións: sensacións, recordos, medos, e tamén o desexo de afacerse á nova vida que lle espera no novo lugar, tan repleto de ausencias, en particular a da súa avoa, Mamá Feriane.


O relato aborda a emigración desde o punto de vista do desarraigamento e a intensa tristeza que a rodean e destaca o valor da multiculturalidade, a diversidade lingüística e a convivencia, así como a importancia de conxugar memoria e futuro.


·        Premio da AELG á mellor obra de LIX do ano 2009.
·        Lista de Honor 2010 da CCEI.



venres, 9 de marzo de 2012

Non Hai Noite Tan Longa

Agustín Fernández Paz

Xerais (2011)

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila nata, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar, cambiaralle a vida para sempre.

En "Non hai noite tan longa" atopamos os ecos dos temas esencias da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -"Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día"-, esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. Unha novela que on ha deixar a ninguén indiferente, chamada a converterse nun clásico do noso tempo.

Primeiro capítulo da novela

Referencias literarias, cinematográficas, musicais e artísticas na novela



sábado, 29 de xaneiro de 2011

El Frío Modifica la Trayectoria de los Peces

Pierre Szalowski


Grijalbo (2009)

Algún Nadal é inesquecible. E o de 1998 en Quebec sempre será lembrado por un neno que naquel momento tiña 11 anos. Foi entonces cando os seus pais lle anunciaron que ían separarse. Nunca pensara que algo así podería terlle pasado a el e enfadouse e chorou como nunca antes. E berroulle ao ceo: "axúdame", pero el era tan pequeno, e o ceo tan grande... Sen embargo, aquela noite desatouse a peor tormenta que Quebec coñecera xamais.

Aquela tormenta marcaría a súa vida e a dos seus veciños, porque as situacións extraordinarias fan que as cousas se vexan dun xeito diferente. E na pequena comunidade sumida baixo o manto do xeo floreceron relacións inesperadas e algunhas persoas lembraron sentimentos que tiñas esquecidos.

"El frío modifica la trayectoria de los peces" e unha novela entrañable e divertida. Un lectura que reconforta, coa que o seu autor irrompe no mundo literario como un verdadeiro sopro de aire fresco e cuxa orixinalidade e inesquecibles personaxes quedarán gravados na memoria do lector durante moito tempo.





leer en el libro



Dentro del Libro


Presentación da Novela, a súa música e as súas paisaxes...


domingo, 23 de maio de 2010

Ás de Bolboreta

Rosa Aneiros


Xerais (2009)

Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes de "Ás de bolboreta", a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño…

"Ás de Bolboreta" foi elixida para a exposición "The White Rabbens 2010"

O luns, 7 de xuño "Encontro dos Clubs de lectura con Rosa Aneiros".

sábado, 1 de maio de 2010

Un Árbol Crece en Brooklyn

Betty Smith

Lumen 2008

Corren os anos vinte do século pasado e descobrimos á pequena Francie Nolan lendo sentada na escaleira antiincendios da súa casa, á sombra dunha árbore que só crece nos barrios máis pobres das grandes cidades.

Pouco a pouco, a mirada da pequena afástase para abarcar á estrafalaria familia Nolan, que malvive nun barrio de Brooklyn. Coñeceremos así aos seus pais, ao seu irmá e á entrañable tía Sissy, que usa aos homes para aplacar os seus instintos maternais.

Francie crece rodeada de libros que tanto lle gustan e axiña comeza a preguntar e a pedirlle á vida algo máis que un triste acomodo á mediocridade. Desas fermosas e teimudas gañas de saber nace "Un árbol crece en Brooklyn", unha novela onde calquera detalle da vida doméstica revela un mundo feito de apostas e desexos, onde os personaxes son tan próximos que nos doen as súas dores e onde o soño americano cobra finalmente peso e cor.


Trailer da película "A tree grows in Brooklyn" (1945), a primeira de Elia Kazán como director.

A ilustración da Cuberta é de Norman Rockwell ("Moza ante o espello") un extraordinario ilustrador norteamericano que non debedes deixar de coñecer, se é que aínda non tivéchedes o placer de disfrutar das súas obras cheas de ironía. Velaí tedes unha pequena mostra do seu traballo...



Created with Admarket's flickrSLiDR.

domingo, 7 de marzo de 2010

Sol de Inverno

Rosa Aneiros

Xerais (2009)

Sol de Inverno a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009 , é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes.

Para o xurado do Premio Xerais 2009 «Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.»

Non deixedes de disfrutar do emocionante discurso que o noso admirado Agustín Fernández Paz pronunciou nos XXVI Premios Xerais na Illa de San Simón (Redondela)

"Oito doas para San Simón" en
Radio Barullo


O Segrel do Penedo
Pequena reportaxe en O Segrel da Presentación de "Sol de Inverno" na Galería Sargadelos de Ferrol.
"O 7 de Xuño os membros dos dous Clubs de Lectura de O Segrel celebraremos un Encontro con Rosa Aneiros. Fantástico fin de curso!!"