
Chris Boot (2009)
"Onde durmen @s nen@s" presenta as fotografías de 112 habitacións de outros tantos rapaces e rapazas que James Mollison sacou en 16 países incluidos os Estados Unidos, México, Brasil, Reino Unido, Italia, Kenia, Senegal, Xapón, China e Nepal, cada unha delas acompañada dun retrato de cada un dos protagonistas acompañados dun texto onde se fai unha pequena descrición das súas condicións de vida.
O obxectivo desta obra non é outro que o de chamar a atención dos lectores sobre as condicións de vida destes rapaces, na súa diversidade, e nas circunstancias sociais que hoxe en día afectan aos nenos e nenas do mundo.
O proxecto comezou cando o centro de investigación de Benetton lle pediu ao fotógrafo unha idea para amosar e comprometer ás persoas cos dereitos d@s nen@s e Mollison pensou na importancia que para el tivera de neno o seu dormitorio.
Un libro dirixido a lector@s de todas as idades dispoñible na rede "Where Children Sleep"
"Espero que este libro axude aos xóvenes a pensar nas desigualdades existentes entre as sociedades do mundo [...] e quizais comezar a entender de que xeito poderían actuar"
James Mollison