Norma Editorial
Xénero policiaco con animais antropomórficos nun ambiente de serie negra que Juanjo Guarnido ilustra maxistralmente.
Blacksad 1: Un lugar entre las sombras (2000)
Neste primeiro álbum, o detective privado John Blacksad investigará o asasinato de Natalia Wilford, unha actriz coa que mantivera unha relación sentimental no pasado.
Blacksad 2: Artic - Nation (2003)
A historia sitúase, nos momentos previos á caza de bruxas do Macarthismo, nun barrio degradado, no que dúas comunidades vense enfrontadas pola cor da pel dos seus habitantes. O secuestro dunha nena será o detonador e desatará os instintos máis primarios. Racismo, violencia, vinganza, intriga e misterio son algúns dos ingredientes deste novo thriller, un confuso quebracabezas que so Blacksad pode resolver.
Blacksad 3: Alma roja (2005)
Os tempos están mudando, as grandes potencias mundiales centran as súas investigacións na carreira nuclear e o medo ao comunismo é, nos EEUU, unha realidade cada vez máis patente. Blacksad, nesta ocasión reciclado a gardacostas, verase metido nunha intriga política de alcance internacional, cando se reencontra cun antigo profesor, agora toda unha eminencia no campo da enerxía atómica, e a súa axudante, a fermosa escritora Alma Maher.
Blacksad 4: El infierno, el silencio (2010)
Nova Orleans, a cuna do Jazz, disponse a celebra o seu Entroido. A cor e a música enchen as súas pintorescas rúas durante o Mardi Gras. Pero a calurosa cidade de Luisiana tamén ten un lado escuro. Inmerso nun sórdido ambiente de droga, vodú e baixas paixóns, o noso detective ten que atopar ao célebre pianista Sebastian "Littel Hand" Fletcher antes do amañecer. A noite vai ser larga para Blacksad...
Blacksad 5: Amarillo (2013)
Blacksad 5: Amarillo (2013)
John Blacksad está canso de tanta violencia e miseria ao seu arredor, así
que decide tomarse un tempo antes de volver á casa. A sorte parece sorrirlle
cando un descoñecido o contrata para levar o seu coche, un flamante Cadillac
modelo Eldorado, dende Nova Orleáns ata Tulsa. Pero as rúas do sur son tan poeirento
como imprevisibles e sen querelo, verase obrigado a atravesar os Estados Unidos
de punta a punta para resolver un asasinato. Unha apaixónate aventura pola que
desfilarán moteiros, avogados, escritores malditos e ata artistas de circo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario