O pasado martes, 17 de xuño, celebramos a despedida dos clubs de lectura da rapazada. Unha comida ao ar libre, nun fermoso día máis de verán que de primaveira, e logo risas e música, o que nos permitiu descubrir a unha prometedora pianista, Uxía, de 1º de ESO. Un verdadeiro placer escoitala!!
O venres 20, foi a despedida do club de pais e nais. Unha comida, xa tradicional, na que non faltou un pequeno agasallo para cada un deles un Marcapáxinas e unha Bolsa da Biblioteca "O Segrel do Penedo" onde levar os xa tradicionais "deberes de verán"
Cada un dos membros do club levou dous ou tres libros que a primeira semana de setembro, en O Segrel, e arredor dun bo café, intercambiaremos, co fin de que cando chegue a primeira xuntanza, no mes de outubro, todos teñamos lidos, polo menos, tres ou catro títulos do programados para o vindeiro curso. Un xeito de seguir, aínda que na distancia, compartindo lecturas no verán que poñeremos en común no inverno.
A comida rematou cun fermoso agasallo que nunca deixará de sorprenderme e emocionarme. Nesta ocasión foi un marabilloso libro de poemas "Remontar o río" asinado pola súa autora, Helena Villar Janeiro. a quen admiramos fondamente. Todo un luxo!
A pena foi que en ningunha das dúas celebracións estiveron todos os membros do club, o vindeiro curso haberá que elixir mellor a data...

Velaí tedes as fotos de recordo das dúas xornadas festivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario