domingo, 26 de abril de 2009

Y punto.

Mercedes Castro

Blog da autora

Alfaguara

Cunha poderosa voz narrativa cargada de ironía, Mercedes Castro irrumpe
no panorama literario coa historia dunha muller que se move entre o lusco e o fusco, unha protagonista tan de carne e óso que traspasa as páxinas desta novela co seu humor agridulce, a súa contundente fraxilidade e un inconformismo esencial que vai máis alá de calquera punto final.
Clara Deza é contradictoria e deslinguada, Clara Deza é axente da autoridade, esposa e compañeira, tan sensible por dentro como dura por fóra. Inmersa nun mundo hostil marcado polo enfrontamento entre dúas esferas contrapostas: a laboral, poblada por policías que oscilan entre a incomprensión ou a superprotección, yonquis que inspiran tenrura e superiores que non a respetan, e a persoal, que xira entorno a un matrimonio que é á vez refuxo e casa de fieras, remanso de paz e estanque de tormentas.

4 comentarios:

xarela dijo...

Gústame desta novela…negra?, a frescura que lle impón esa linguaxe da rúa, que vai variando según o humor e a situación na que se atopa a protagonista en cada momento. A mestura desa linguaxe arrabalera, case soez, con “arrebatos”poéticos (“Me duele tanto callarme la boca mordida”). As continuas declaracións de principios e independencia, tanto no ámbito familiar como no laboral, de Clara, mesturados coa intensa necesidade de sentirse querida e valorada. Os arrebatos de “refunfuñe” case, case gatunos. Por suposto, a presencia da consentida gata tricolor no piso. A sorpresa de Clara cando as súas elucubracións previas non se cumplen (con respecto á sogra, ao seu ex…). Por outra banda a axilidade ao retratar os rasgos, tanto físicos como psicolóxicos, de cada personaxe, como con pinceladas rápidas, sen deterse, pero sen deixar marxen á dúbida. O trasfondo social dun argumento aparentemente banal, que non deixa sen tocar case ningún estamento. Eses temas aos que estamos tan habituad@s nos xornais, nas noticias, que xa nin nos molestamos en comentar ( e só ten un tomo, isto o escribo “baixiño” para que non me abucheedes, que non recordaba que foran tantas páxinas, de verdade!)

Rosi dijo...

Recoñezo que cando levaba poucas páxinas leídas só puiden pensar¡Pobre MªCarmen!,que dixo que quería comprar o libro,...¡e punto!,porque parecía moi interesante.A verdade é que saber as viravoltas dos pensamentos de Clara é un agobio,porque o demáis é unha novela negra do corte da que deixou "unha profunda sinal na nosa vida"(je,je).Despois,como pasa sempre,vas coñecendo a uns e outros e non queres que o conto remate.

JUAN JOSE dijo...

Hacía tiempo que no disfrutaba con una obra de las características de "Y punto".
Su forma de narrarla, lenguaje distindido y actual, variedad de personajes, intriga y trama, componen una novela muy lograda.
Recomendaría a Mercedes Castro darle a Clara Deza lo que Stieg Larsson dió a Mikael Blomkvist "continuidad".

Begoña dijo...

Costa empezar a ler esta novela. Costa seguir as viravoltas que dá o pensamento desta muller, e esa linguaxe, totalmente soez no comenzo e que se torna case poética nalgúns parágrafos. Pero acaba enganchando. A pobre Clara síntese totalmente en desventaxe fronte aos seus compañeiros, todos homes, que tratan de afastala, protexela? ou simplemente que faga o traballo suxo e pesado e colgarse eles as medallas? Afortunadamente non é todo como parece nun principio nin no traballo nin co home ou a sogra, que trata de impresionala con pastas de 30€ o kilo e servizo de prata. Todo un descubrimento. Jose, estou dacordo contigo en que isto podería ter continuidade, aínda que coido que "a curriña" de Mercedes non está pola labor.