sábado, 9 de mayo de 2009

Tristes Armas

Marina Mayoral

Xerais (1994)

Tristes Armas é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas exiliadas a Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Pero Tristes Armas é sobre todo unha historia de amor.



Documentais sobre "A guerra (In)civil española"
Guerra Civil Española (1), (2), (3), (4), (5), (6), (7), (8), (9), (10)

"Exilio" Guerra Civil Española "Introdución", (1), (2), (3), (4), (5), (6),

Nesta ocasión, o Club de Lectura O Segrel dos máis novos está a compartir esta lectura co Club de Lectura da Biblioteca O Bosque Animado de Cambre que nos fixo chegar varios exemplares desta obra. Unha fantástica experiencia de lecturas compartidas que esperamos ampliar o vindeiro curso con algunha que outra actividade

2 comentarios:

Laura López dijo...

No club de lectura de hoxe vimos uns vídeos relacionados coa guerra civil española.
Estes vídeos eran unhas entrevistas feitas a unha serie de persoas que se tiveron que marchar a Rusia ou a outros países por causa da guerra.
Os rapaces e rapazas que no ano 1939 e en adiante tiveronse que marchar a estes países por causa da guerra contan toda a súa experiencia, dende cando tiveron que separalos dos seus pais para ir ao barco destino Rusia, ou como era o lugar onde vivían e onde creceron e se formaron.
Agora xa moitos anos máis tarde contannos a súa experiencia, algunhas destas persoas ainda viven en Rusia pero moitas outras viven xa en España.

Estes son algo tristes e ata che poden parecer algo aburridos pero é bo e necesario saber a historia do teu país e o triste que o tiveron que pasar estes rapaces, que cos nosos anos tiveron que soportar a maior das súas penas.

Michelle dijo...

Hoxe no club de lectura, vimos uns vídeos sobre os nenos da guerra civil española. En especial sobre os que se foron a Rusia.

A súa opinión era que pasaron máis tempo do que esperaban, xa que Stalin non os deixaba volver.

Moitos deles, cando regresaron, non coñecían practicamente á súa nai.

Ao final moitos botábanlles en cara aos seus pais que os evacuaran.

Foi terrible.

MICHELLE E NEREA.