lunes, 12 de enero de 2009

La Chica que Soñaba con una Cerilla y un Bidón de Gasolina

Stieg Larsson
Destino (2008)

Lisbeth Salander tomouse un tempo; necesita afastarse do foco de atención e sair de Estocolmo. Trata de seguir unha férrea disciplina e non contestar ás chamadas nen ás mensaxes de Mikael, que non entende por que ten desaparecido da súa vída sen dar ningún tipo de explicación. Lisbeth cúrase das feridas de amor en soidade, aínda que intente distraer o desencanto co estudo das matemáticas e certos placeres nunha plaia do Caribe.
¿E Mikael? O gran heroe, Súper Blomkvist, vive bos momentos en Millennium, coas finanzas da revista saneadas e o recoñecemento porfesional por parte de colegas e outros medios. Agora ten entre máns unha reportaxe apaixoante sobre o tráfico e a prostitución de mulleres procedentes do Este que lle porpuxeron unha parella, Dag e Mía.
Máis información en:Serie Larsson
Wikipedia
El Pais

Novas
A terceira entrega, o terceiro libro titulado "La reina en el palacio de las corrientes de aire", publicarase en España o próximo 5 de xuño.
Toca esperar!!

4 comentarios:

xarela dijo...

Dirédesme que ides precisar que vos deseñen a decoración da casa logo de ler como “acondicionou” o seu “pisiño” a Lisbeth!!! Imaxinades entrar nun sitio e poder mercar todo canto vos de a gana sen mirar a etiqueta do precio e calcular mentalmente (en pesetas) canto tendes que desembolsar??? Cochina envidia de non saber hackear!!!E non tedes no IES un ciclo para estudar diso??? Vai ser a próxima carreira que faga en canto teña tempo. En canto a obra en si, pareceume o argumento menos elaborado, igual de destallista e minucioso, máis previsíbel… tal vez un pouco desconcertante a reacción da protagonista en canto ao Mikael, parece que os ciumes non lle acaen moito, que a infantilizan demasiado… e el … un home tan boísimamente bo non pode existir nin nas novelas (se alguén sabe de un, me pido prime). A curiosidade- e o tempo nadaliero- fíxome buscar pola arañeira nomes que aparecen polo texto. E si, non so Ikea existe, tamén a deseñadora do papel da parede e outr@s polo estilo. Coma non sei se tod@s fixemos os “deberes” non quero poñer nada do argumento aló polo final, o do xigante rubio non ten desperdicio. Que alguén mo recorde na reunión.

Rosi dijo...

Estou dacordo con Xarela pero...non podo evitalo¡quero máis!.Os meus heroes son xa para sempre Salander e Blomkvist.E sin desvelar nada do final ,volvín a caer e na última folla dinlle a volta á páxina pensando que podía continuar.

david dijo...

Creo que esta segunda parte engancha más que la anterior.LARSSON caracteriza mucho a sus personajes,llegamos a vivir y sufrir con ellos.En esta segunda entrega la gran protagonista es LISBETH,pasando MIKAEL a un segundo plano.Toda la novela te deja sin respiración,consiguiendo que sus 749 paginas se lean a todo tren,lástima que todo acabe en la siguiente entrega.Gracias STIEG LARSSON

Inma dijo...

Hola ,estou de acordo cos comentarios anteriores ya que este libro así como o anterior deste escritor son libros nos que te metes neles e como si o estiveras vivindo ,o final do libro sabes ata onde gardaban o café.Estou dexexando que saia o terceiro.