luns, 26 de xaneiro de 2009

Los Objetos nos Llaman

Juan José Millás
Seix Barral (2008)

O misterioso esculca á volta da esquina, no interior dun mesmo. Mulleres grandes que soñan con homes diminutos. Manequíns que súan. Polos que chegan dende o mercado á casa, pero que nunca aparecen na mesa. Mentiras que se converten en realidades inexplicables. Mistos vellos que alumean habitacións antigas. Pequenos malentendidos que dan lugar a preguntas fundamentais. Delirios sensatos. Corduras delirantes...

"Los objetos nos llaman" (podes lelos en liña) é unha selección dos mellores contos de Juan José Millás. Dividido en dúas partes fundamentais "As orixes" temas do pasado e da infancia, e "A vida" contos protagonizados polos mesmos personaxes ou por outros novos pero xa de adultos.


Nesta ocasión o Club de Lectura O Segrel vai compartir esta lectura co Club de Lectura Ars Legendi que xenerosamente nos fixo chegar 8 exemplares desta obra do gran Millás. Grazas Mar, esperamos seguir disfrutando desta experiencia de lecturas compartidas.

5 comentarios:

Maribel dixo...

Gustoume moito esta colección de relatos tan intrascendentes en apariencia, cunha linguaxe que nos parece que calquera de nós poderiamos escribir, pero nos que no medio do texto, de súpeto, sen darse importancia, como que “pasaba por alí”, aparece esa frase, esa palabra, esa expresión que lle da un estourido de luz, o lóstrego cegador dunha verdadeira xoia. Cun sutilísimo humor que fai sorrir, e unha certeira ironía que achega a maxia ás nosas propias lembranzas de nenez, adolescencia, das cousas cotiáns e familiares. Encantoume, Loly, anque non venda tanto coma ese-que-ti-sabes.

Rosi Rivera dixo...

Pode que éste sea o libro ideal para empezar a leer a este escritor.No verán leín " Laura y Julio" e pensei que nunca ía ler outra obra de Millás;sempre pode arrincárte un sorriso,pero resulta estrano de ler.Neste libro recoñecín a aquel Julio nalgún dos textos,pero hai que ver o polifacético que pode ser este escritor.Realmente pode ser quen él se propoña ser,e dun xeito totalmente creíble.En canto ó coment de Maribel...¿non notaches que fala de moitas rúas de Madrid,e que algunha se repite varias veces?¡Que pensarán os lectores suecos!

Cristina dixo...

Hola,

Chámome Cristina e son de Narón.
Gustaríame unirme ó voso club a través desta páxina.

Veño de ler o libro de relatos que propoñedes e gustoume moito pola brevidade e precisión dos mesmos. Nunca imaxinei que con tan poucas palabras se poidera dicir tantas cousas. E iso que xa teño a experiencia de ler o conto mais curto do mundo, ese de Augusto Monterroso, o do dinosaurio.

O que mais me gustou dos contos de Millás é que, con case todos, podes sacar unha reflexión que, se a tomas en serio, pódete facer mellor persoa: valorar mais a imaxinación neste mundo tan práctico, non ter tanta presa por medrar ou madurar, ter en mente as cousas que de verdad importan,poñerte sempre na pel do outro para intentar comprendelo.
Non é un libro de contos calquera, é un libro de ensino para os que queiran aprender.

Nunca antes lera a Millás. Coñecíao porque os meus sobriños o tiveran que ler na escola.E por iso, crin que era mais un autor xuvenil, con temática típica dos problemas adolescentes. Un autor deses que presentan o problema dunha forma plana, obvia, insultante. Está claro que xuzguei antes de tempo. Estaba equivocada e alégrome moito de que me sacarades deste erro.

Gracias e un saudo.

Loly dixo...

Benvida Cristina, é un verdadeiro placer contar con un membro máis no noso club, aínda que sexa de xeito virtual, pero se estás interesada en acompañarnos tamén nas nosas reunións na biblioteca do IES de Fene, quero que saibas que estás invitada.
Apertas dende Fene.

Unknown dixo...

Antes de hacer el comentario del libro quiero darle la bienvenida a mi hermana CRIS,una asidua de esta página,y haber si proximamente nos puede acompañar en nuestras reuniones.
Del libro comentar que me ha gustado porque en cada uno de los cuentos desprende un ingenio desbordante y una gran habilidad con las palabras.