Roca Editorial (2010)
Calpurnia Callie Vee é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, a coser e cociñar, ela está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Pouco a pouco irá gañándose a este home un tanto huraño e comezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprenderá quen é Darwin, que son as especies e as subespecies, e tamén o idiotas que se volven os seus irmáns maiores cando se namoran.
Críticas:
El País
QuéLeer
Para saber máis:
El origen de las especies
Charles Darwing e a Teoría da Evolución
A Música da Novela
5 comentarios:
Gustoume bastante sobre todo as investigacións que facía Calpurnia e as preguntas novas que se facía cada día
Este libro é un dos que me mercou a miña nai polo verán. Sempre soe ter bos gustos en canto a escoller libros para min.
É precioso. Demostra outra cara das nenas, esa cara aventureira dos tempos nos que se dicía que as mulleres tiñan que facer unhas cousas e os homes outras. Unha nena que considera iso inxusto, e que quere explorar e aprender coma os homes. É algo que non aparece en moitos libros, e que realmente é unha realidade, do pasado e da actualidade.
Por suposto, a banda sonora é incrible. Moi calmada e lenta. E ademáis, queda ben.
Este interesante libro é un dos que máis me enganchou na miña (espero duradeira) viaxe polo mundo da literatura.
Calpurnia, vive nun mundo tan dogmático coma machista. Non é coma as demáis. Ela quere ser científica e ir á universidade (cousa impensable nunha muller daquela época). Nin todos os problemas que lle xurdirán ao longo desta fantástica historia lle quitarán esa esperanza .
Descubrirá un novo mundo para ela cheo de coñecementos e cousas interesantes cuxas portas lle abrirá o seu avó, o capitán Tate (Walter Tate).
A historia ambiéntase na época da posguerra. A escravitude acababa de ser abolida en Texas. Aínda así, todavía se conservan prexuízos raciais que se reflexan neste libro.
Un bo libro que é necesario entendelo para disfrutalo e que me trae á cabeza un frase moi interesante:
"Ata os soños máis imposibles pódense conservar cunha armazón de esperanza" (José Carlos García Vega)
Aun que me quedé a un poco más de la mitad del libro, la verdad es que me ha gustado mucho, no es que haya sido mi favorito, pero si que recomiendo este libro, me parece muy interesante y curioso.
Mi nota sería en este libro un 7.9
Este é un libro precioso,trata dunha nena á que lle gustaba moito a ciencia pero non a podia estudar porque era unha muller e na súa época as mulleres non podian ir á universidade.
Unha das cousas que máis me gustan do libro son as frases coas que comezan cada un dos capitulos.
Publicar un comentario