
Salamandra (2006)
Nunha fría mañá de novembro, tras unha penosa viaxe en barco, un ancián
desembarca nun país que podería ser Francia, onde non coñece a ninguén e cuxa
lingua ignora. O señor Linh fuxe dunha guerra que acabou coa súa familia e esnaquizou
a súa aldea. A guerra que lle roubou todo menos a súa neta, unha bebé chamada
Sang Diu, que na súa lingua significa “Mañá doce”, unha nena tranquila que
durme sempre que o seu avó lle tararea a súa nana, a melodía que teñen cantado
durante xeracións as mulleres da súa familia. Instalado nun piso de acollida, o
señor Linh preocúpase so pola súa neta, a súa única razón de existir ata que
coñece ao señor Bark, un home robusto e afable cuxa muller morreu recentemente.
Un afecto espontáneo xorde entre estes dous solitarios que falan distintas
linguas, pero que son quen de comprenderse en silencio e a través de pequenos
xestos. Ambos encóntranse regularmente nun banco do parque ata que, unha mañá,
os servicios sociais conducen ao señor Linh a un hospicio que non está autorizado
a abandonar. O señor Linh consegue, sen embargo, fuxir con Sang Diu e penetrarse
na cidade descoñecida, decidido a atopar ao seu único amigo. A súa coraxe e
determinación conducirano a un inesperado desenlace, profundamente conmovedor.
Entrevistas co Autor
Ningún comentario:
Publicar un comentario