Annie Barrows
RBA
Enero de 1946, Londres emerxe das sombras da segunda guerra mundial. A
escritora Juliet Ashton está buscando o argumento para o seu próximo libro.
Quen podería imaxinar que o atoparía na carta dun descoñecido, un nativo da
illa de Guernsey, a cuxas mans chegou un libro de Charles Lamb que pertenceu a
Juliet? A medida que Juliet e o
descoñecido intercambian cartas, ela quédase atrapada nun mundo marabillosamente
excéntrico. A sociedade literaria e o pastel de pel de pataca de Guernsey –
nada como unha coartada espontánea cando os seus membros foron descubertos
rompendo o toque de queda dos alemán – conten unha galería de personaxes
fondamente humanos, divertidos, encantadores, todos amantes da literatura, que
sobrelevaron a ocupación nazi organizando reunión de lectura sobre novelas
clásicas, sempre arredor dun pastel de pel de pataca. Juliet comeza unha
importante correspondencia cos membros da sociedade, pequenas xoias que falan
de libros e do pracer da lectura, da amizade, da vida cotiá e do impacto recente
que a ocupación alamana tivo nas súas vidas. Cativada polas súas historias,
decide visitalos e o que atopa cambiará para sempre a súa vida.
Para saber máis sobre Guernsey
Ningún comentario:
Publicar un comentario