Xerais (2016)
O Fiscal Superior de
Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol
con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela,
un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o
delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar
un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza
así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana
deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis
intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo
noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do
Sur.
Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e
facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito
final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o
seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero
que, sen remedio, salpican o presente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario