Galaxia (2014)
Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa
súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o
que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na
cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade.
Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo
espera.
Unha
trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás
veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes. Unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos
días, sobre as súas angueiras e esperanzas. Reo está escrita nunha
linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiro instante, como un
graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo.
Premio Fervenzas Literarias 2014 ao mellor libro de Literatura Xuvenil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario